Un esteiro
é unha zona de costa onde desemboca un río e
que queda cuberta pola preamar. Tamén se chama estuario.
En realidade os esteiros son
formacións que aparecen na desembocadura dos ríos por acumulacións dos
sedimentos que arrastraron ao longo do seu curso e tamén polo impulso
das mareas. A súa extensión depende moito da pendente do río e por
suposto das mareas.
Os esteiros están considerados como
as depuradoras naturais dos ríos. Efectivamente neles viven cantidade de
organismos descompoñedores. O que pasa é que hoxe non dan abasto, coa
porquería que baixa polos ríos.

Esteiro do río Miño. Sin dúbidas o
máis famoso de Galicia.
A entrada a
pleamar vai moitos kms. arriba.
Teñen moita importancia por suposto as
enchentas, onde chegan os sedimentos máis grosos.
Nos temporais a mar tamén ten moito que decir. |
|

Na fotografía o mismo esteiro da
fotografía anterior pero vista dende moito máis lonxe.
É doado ver que se trata do río Miño, á esquerda
Camposancos e a dereita Caminha. O fondo a esquerda a ínsula Canosa.
O estuario do río Miño é unha auténtica beleza natural. |
|

Esteiro do río Miñor na súa desembocadura na
Ramallosa. |
|

Esteiro típico da desembocadura dun río
pequeno no mar.
Efectivamente a vexetación é especial, os
xuncos dos esteiros, por exemplo, teñen que estar especialmente
adaptados para soportar as variacións de salinidade das augas e a
inmersión producida primeiro polo río de augas doces e logo polos
cambios do nivel das marés. Toda unha especialización.
Información e fotografía sacada do libro
"Os ríos de Galiza" de Manuel Núñez, Adela Leiro e Mon
Daporta. |

Esteiro do río Miño dende o Monte Tegra na Guarda.
A sedimentación no esteiro está sempre en
funcionamento, coas enchentas chegan elementos grosos que van
depositandose e o mismo coas grandes borrascas, que meten
elementos no esteiro. Todo elo leva a que nos esteiros se
presenten unha gran diversidade de productividade biolóxica e
unha alta biodiversidade. Non é de estranar a formación de
ínsuas, morraceiras, áreas pantanosas, marismas e un longo etc.
Saír.