
No luscofusco é un momento especial de
pesca, é tamén un momento prodixioso, máxico.
Realmente no luscofusco a luz desapareceu por completo e as
cousas percíbense como sombras.
Esta fotografía esta sacada
desta
www, na que hai máis fotografías deste estilo.
|
|

O luscofusco é un momento especial de
pesca, é tamén un momento precioso. Os pescadores decimos que
"a noitiña é sensacional para pesca o mosquito".
Esta fotografía esta sacada
desta
www.
|
|

O solpor nun río de alta montaña. Realmente o
luscofusco é o momento que ven despois do solpor, pero bueno...
en calquera caso os dous son marabillosos.
|
|

A fotografía é de S. Lorenzo, unha mañán
indo de pesca ata Herdadiña no río Limia en Ourense. A
fotografía está feita nun amencer ao pasar Celanova, preto
do Furriolo. ¡Tempos aqueles no que iba con Félix de
pesca a aquel gran río!
O luscofusco, tamén é según o dicionario da
Real Academia Galega : o momento do día, entre a noite e o día, en
que a primeira claridade permite distingui-las cousas como sombras.
Na fotografía o luscofusco xusto por riba de Celanova indo
cara a Bande, un día de pesca.
|
|

A noitiña é sensacional en Galicia e en calquera
país para a pesca da troita.
Na fotografía da páxina www "Ríos y senderos",
aparece unha fotografía na noitiña do Sur de Chile, sin dúbida
tamén un país sensacional, o mesmo que Galicia.
A pesca no luscofusco chámase en castelán a
pesca no sereno ou na serena.
|
Aproveito esta ficha para
explicar que o
rubién é a luz radiante en
tons vermellos que tinxe as nubes no horizonte ao abrir o
día e no atardecer cando lles da o sol.
Tamén as nubes de cor
vermella que hai o abrir o día ou no atardecer cando as
ilumina o sol
Tamén se chama
roibén.

A fotografía é de José Manuel Salgado.

Fotografía miña. Secundino Lorenzo. Foz do MIño
Agosto 2014.

Foz do río Miño dende a capela de San Antao en
Caminha. 09/08/2018. Fotografía S. Lorenzo

Miguel Delibes (1920-2010)
Para Miguel Delibes "el sereno" ou "la serena",
momento da pesca que coincide có luscofusco e o solpor,
non é unha pesca que lle molara, xa que dice que un non fai nada
pola troita, tirar o buldó cós mosquitos e ver como a troita se
engancha, pero nada mais.
"...en la serena el pescador sabe que está
aprovechándose de una ceba casi ciega para hacer la cesta
que no consiguió hacer durante el día. Mal asunto (poco claro, al
menos). El pescador barrunta que los peces se están pescando
solos..."
Trociño do libro "Mis amigas las truchas".
O caso é que tiña razón Miguel Delibes... De
tódolos xeitos é un momento que hai que vivir...moitas veces con grandes
sorpresas, lembro unha vez unha gran picada de troita que logo se
converteu nun morcego...
Nota: para o autor deste dicionario sobre os
ríos galegos hai dous libros básicos, referidos a natureza e
os deportes de natureza, que por si só fan que
toda a miña vida foxe un fan deste escritor, que desgraciadamente
nos deixou neste ano 2010:
O libro "Mis amigas las truchas" que inda hoxe 05/04/2010 é un libro
que releo, e
"Mi
vida al aire libre", outra xoia.
Por suposto que Delibes e moito máis que
estos dous libros...
------------------------------------

O rubién pódese aproveitar para predecir o tempo.
O que sigue son traducións miñas de varios refráns que nos
ensinan como vai ser o tempo o día seguinte, tendo en conta o rubién:
Rubién pola noite como nesta fotografía:
Rubién ó atardecer
bon tempo vai facer
----------------------------------------------
Rubién ó amencer
o tempo vaise enfurecer.
----------------------------------------------