Nota: O final fixen dúas entradas, unha
para os barcos, que trato nesta ficha, xeralmente utilizados para a pesca e
outra para as barcas que se utilizaron para pasaxe ou sexa transporte de
persoas, gando e enseres. Entre as dúas fichas mezclo algúns deles.
Podedes completar entre os dous as distintas palabras.
O mismo Eliseo Alonso no seu
sensacional libro "Pescadores del río Miño" utiliza as referencias barcos e
barcas xa que como dice algúns barcos de pesca foron en tempos barcas de
pasaxe.
Chamábanse
barcos, as embarcacións (refírome as utilizadas nos ríos de Galicia, sobre todo no río Miño) feitas dunha peza, escavados nos troncos de árbores, de onde lles vén o
seu nome, e de menor tamaño cas barcas.
Podían transportar ata catro persoas con
bultos de pouco volumen e peso. Normalmente eran barcos de pesca e
utilizávanse en tódolos ríos galegos, especialmente no río Miño. Por
suposto había moitos tipos e deles fala Eliseo Alonso no seu libro
"Pescadores del río Miño": onde describe a fondo as chalanas e os
carochos ( Portugal)

Barco de pesca, fotografía de Eliseo Alonso ,
sacada do libro "Pescadores del río Miño".
Este é o típico barco de
pesca, tamén chamado lancha
ou chalana, utilizado no río Miño entre Arbo e Tui. Facían de
anguleiros e valían para botar as redes.
Ver as pezas deste barco
máis abaixo.

As
gamelas son embarcacións pequenas de
fondo plano e coa proa e a popa achatadas.
Úsanse na pesca de baixura e tamén como barcas auxiliares.
A tipoloxía desta barca aparece na foz do río Miño (Pola Guarda
e Caminha). Presenta a proa e a popa levantada.

Barco de pesca, fotografía de Eliseo Alonso ,
sacada do libro "Pescadores del río Miño".
Estos son os carochos de
Portugal e por suposto de España, barcos moi esbeltos. Vense
moitos no baixo Miño.
Tamén se chaman
anguleiros ou barco do
Miño.

Barco de pesca nos Peares
no río Miño. Barcos algúns moi
lixeiros e movidos a remo como as iolas.
A fotografía xa ten moitos anos e aparece no libro "As
barcas e os barcos de paxase na provincia de Ourense no antiguo
reximen" de Olga Gallego.
Ó fondo vese a garganta do río Miño, a dereita, non se vé,
pero desemboca o río Sil.
Por suposto que o término de barco e barca é moito
más amplio que o visto arriba, ver por exemplo o artigo "As
embarcacións fluviais do legado patrimonial a novos usos en activación"
de Xosé Manuel Vázquez Rodríguez,
publicado no nº 2 da revista "Ardentía";
onde fala de que hai ata dez tipoloxías básicas de embarcacións nos
ríos galegos, que superan a quincena si se consideran as variantes
locais.
Xosé Manuel Vázquez non fala da distinción
entre barcos e barcas, a súa clasificación vai máis polas formas, pola
estructura, e pola utilización, dice que non hai formas puras, única e fixas no tempo senón
un constante dinamismo con aproximacións e variacións que caracterizan a
persistencia de modelos do pasado...
Dende o barco de dornas, os batuxos, a barca do
Sil, as gamelas, a barca de Chantada, a barca do Ulla, as lanchas , as
batelas, os caíques, os carochos, o anguleiro ou barco do Miño, a barca
do Landro, a barca da Lagoa de Antela, as barcas de pasaxe, as barcazas
do Miño ata chegar as barcas de ocio e de lecer, todo un mundo.
Recentemente tamén fago uso do libro "O legado
dos ribeiraos", tamén de Xosé Manuel Vázquez.
--O--
Algúns exemplos:

Barco das dornas.
Este barco consta de dous cascos, flotadores construidos
a partir de troncos de madeira escavados e que se chaman
dornas, sobre elles asentase unha plataforma construida
con tablas. Na realidade eran dúas toradas ou dornas
feitas de troncos de castiñeiro vaciados, nos extremos deixaban unha
proa, que chamaban bica, e no outro unha popa. As dúas xuntánbanse
como se ve no dibuxo polo chamabo piso que eran unhas taboas.
Era un barco feito para pescar xa que
no piso permitía levar todo tipo de redes e elementos para a pesca.
Levaban as artes da pesca como o biturón, a fisga, nasas, etc.
Houbo destos barcos dende Belesar
ata A Guarda.
Imaxen e texto sacada deste link
http://www.concellodechantada.org/spa/cultura_barcas.htm

A este primitivo barco, o barco
das dornas fai referencia J. Lorenzo.
A dorna medía 3,20 m. de largo por 1,70
de ancho aproximadamente.
Os remos eran desiguais xa que o remeiro vai nun lado,
tamén eran de castiñeiro. O remo medía 3,60 m e iba sobre un ferro
chamado "O gambón".
Na miña visita do Museo de Arxeriz, na
Ribeira Sacra do miño, visita que recomendo, vin esta barca de dornas:

Barco das Dornas, coas dúas dornas á beira do barco e que
por abaixo non ten nada co cal a flotación é perfecta e ademais é unha
navegación silenciosa. É un barco típico de pesca e moi usado na zona.
Permite aproximarse sin facer moito ruído, o cal é moi bon para a pesca.
Visita do día 05/05/2023.

Outra fotografía.
--o--

A
Lancha
de Ourense, unha barca especial que inda
lembro no río Miño tanto na Ponte Vella como sobre todo
para pasar o río e pescar pola zona de Reza. Eran barcas
de ocio e de placer.
A fotografía é de Xosé Manuel
Vázquez e está publicada na revista Ardentía de Cambados
(Pontevedra), no nº 2.
--O--

Esta a
Barca
da Lagoa de Antela.
A fotografía é de Xose Manuel
Vázquez.
A dianteira é estreita e aguzada,
motivada según dí Xose Manuel Vázquez pola facilidade
para desprazarse entre os xuncos da Lagoa, do mesmo
xeito que a dianteira obtusa do primeiro tramo do Miño
facilita o remonte dos caneiros...

Esta é o
batuxo, barca a que fai
referencia a fotografía anterior de frente
redondeado e axeitado para acceder ós caneiros.
Batuxo no Porto de Santa Isabel.
Sobre o batuxos hai un traballo
sensacional titulado "Facéndolle as beiras ó Miño" da
Asociaciación Cultural Maria Castaña e publicado na
revista Ardentía no número 2, revista que se edita en
Cambados (Pontevedra)".
--O--

Dibuxo dun barco típico do río Miño
coas súas pezas e nomes como: as cavernas,
o canizo dos pes,
a remadeira ou cantadoira. a Ichama ou
chulete, a sela,
a cuaña, o
paneiro, a tosta, o espiñazo,
os bordos, etc.
Faltan os remos
, xa que estos barcos ou barcas navegaban a remos, sempre
sentados os remeiros en sentido contrario a marcha o remo
de adiante é o que marca e o de atrás a seguir o ritmo e
obedecer as ordes: rema, levanta, calza, rema pa tras, etc.
Toda a montaxe corría a cargo dos
carpinteiros, por suposto con ferramenta especial como a
anxola, para debastar a madeira,
e con operacións básicas como o embreado, que é untar con brea,
para que non
entre a auga e que se fai con resina de pino o breu e con
alquitrán ou pixe. Esto vai todo derretido nun pote e
aplicado a barca. Logo as veces faixe o pintado.
Sobre os barcos das
zonas de esteiro como as bucetas, chalanas,
dornas, gamelas, etc.
ver este link.
Completar a ficha e os datos vendo
tamén a palbra barca, neste mismo dicionario.
Saír.