Un cachón é unha pequena fervenza de auga, por regra xeral producida por represas construídas
polo home, muíños, auga de rega, pequenas centrais eléctricas, etc.
Chámase tamén: cachoada,
cachoeira, callón,
cadoiro, frieira, boullón, brollón, preseira, pincheira e outros nomes.
O normal é que os chorros de auga
caian desde pouca altura e rompan formando espuma.
Tamén se fala do ruído que fai a
auga o caer no cachón, como brollón ou
brolla. Ou sexa, o brollón como o ruído que
fai a auga o caer dende certa altura.
A espuma que se forma o caer a auga
nos cachóns e nas cachoeiras ten un nome: Gallarón e tamén
Gallarope,
tamén se dice "a Cachón",
como locución verbal e tamén "a gallaróns";
expresións que me gusta persoalmente.
Fálase tamén de
gurgullón os ollos de auga que se forman unha
vez que no cachón cae a auga
Esta claro que neste dicionario
distingo entre cachón e fervenza, no cachón a caída de auga é máis
pequena.
Algúns cachóns marabillosos:

Cachón no Mao en Leboreiro,
Ourense.
Cachón marabilloso na Presa do Cura na
Nogueira, por riba do refuxio de pescadores.
Por este cachón, cunha pequena enchenta, suben
perfectamente as troitas. Os peixes xa o teñen máis dificil.
A presa chámase Presa do
Cura.
Fotografía do autor da www.
|
|

Cachón no muiño de Allariz.
Os nosos antepasados sabían compaxinar a
natureza coas súas construcción que usaban a natureza. Hoxe
non...rachamos coa natureza. Por esta represa suben perfectamente
as troitas.
Fotografía do autor da www.
|
|
Cachón
no río Arenteiro.
Este cachón está
prácticamente no Parque do Carballiño e daba auga a unha
piscifactoría de Icona, en tempos.
Fotografía
do autor da www.
|
|

Cachón no río Arnoia en Ourense ,
na parte alta.
Este cachón está producido por unha represa
bastante alta que recolle a auga para un muíño.
Por esta represa suben perfectamente as troitas
nas enchentas.
Galicia ten uns ríos marabillosos, pero non se
cuidan ó suficiente.
|
|

Cachón no río Tambre.
Os cachóns, onde rompe a
auga, son auténticos viveiros de
troitas, sempre e cando estén cuidados.
Nos ríos galegos abondan os cachóns e son moi
bonitos.
|
Esta é a famosa fervenza de
Piago, así a chaman, no río Miño en Outeiro de Rei. Chámase de Piago xa que
por riba está un piago ou sexa un pozo moi profundo, polo menos 4 metros que
é o que ten de alto a presa. Por certo ten 50 m. de ancho. Unha marabilla a
zona. Na parte esquerda da fotografía ten escadas para subir as troitas.
A fotografía está sacada da web de Masmar, a que dou as gracias.
Decir que para mín é un cachón,
máis cunha fervenza, por certo dos máis grandes de Galicia en canto a
anchura e altura ao mismo tempo.