Un coio é un anaco de pedra, de granito
ou seixo, de calquera tamaño que sexa, xeralmente arredondeado polo
arrastre das augas e que soe atoparse nas beiras do río e por suposto no
leito do río.
O coio tamén se chama
seixo, croio
e pelouro, .
Un coial, é un conxunto de coios preto
dos ríos. Tamén se chama coiñal
e coiñeira
polo menos no río Miño por Laias. Outros nomes son
coieira, croieira, coído e boleira.

Nesta fotografía, sacada no paseo das Ninfas en Ourense, a
carón do río Miño, vese un coial ou coiñeira perfectamente.
Un coial, é polo tanto un conxunto de coios, cantos rodados
preto dun río.
Os coios chegaban a este coiñal e outros
moitos por sedimentación, a formación dos coios é a partir de
pedras e area que arrastra o río. Hoxe cos encoros, en moitos
ríos como o Miño, xa non chegan, xa non hai ese arrastre.
Algunhos deste coiñales pasaban dos tres metros de profundidade.

Na fotografía o mismo coial que na anterior
pero sacado noutro
momento. A fotografía é polo tanto do río MIño, os coios
dín un pouco negros demais, é o problema de Ourense que moitas veces
a agua ven aceitosa e deixa o coial negro.
Eu penso que son os aceites que votan as turbinas dos encoros. Habería que arranxar esta desfeita.
Cando era rapaz, o baixar o río debaixo das pedras había
moreas de anguías; hoxe non hai nin a primeira.
¡Non hai dereito a facer esta desfeita, Srs. de Fenosa!.
Hoxe Naturgy.

Na fotografía, sensacional, vese unha troita en
postura, por suposto viva e no leito do río. Todo ó que rodea a troita son coios, pedras arredondeadas de tódolos tipos. Algunhas
son de granito, outras pizarrosas, etc.

Na fotografía vese unha persoa que non sei
quen é, sentada nun típico coiñal do río Miño, moi preto de Sela
onde algunhos bárbaros queren facer un encoro que rematará
definitivamente co noso río pai , o río Miño.
No río Miño hai moitas coiñeiras.
As veces hai ríos de pequeno caudal pero onde os
coios son grandes, ver estas tres fotografías do río de Vilamea en Lovios (Ourense),
que por certo ten un sendeiro de muíños que merece a pena recorrer.

Cantos rolados no río Vilamea. En Lovios no Xurés.

As veces son moito máis grandes, auténticos pelouros.

Máis cantos rolados.
Este río ten un gran desnivel, xa que en seis
kilómetros baixa setecentos metros, é lóxico que as correntes formen
estos grandes cantos rolados, eses cantos que logo o pasar os anos
vanse pulindo e cada vez son máis pequenos e feitiños...
Os maiores cantos rolados que vín na miña vida
vinos no río Cenza, en Vilariño de Conso (Ourense) cantos rolados que eran producto dun val
glaciar, algún día porei fotografías da zona.
En galego Luír chámase cando algo se consume pouco a pouco a
causa do rozamento ou do uso. Por eso hai autores que falan dos
pelouros que están luídos e lisos , así
como desgastados.
Tamén teño visto tamén a palabra luíndo,
no sentido de consumir pouco a pouco os pelouros.
Ver este texto de Xosé Neira Vilas:
"...O río segue no seu, como hai catro ou cinco ou cen mil
anos. Segue rolando, moendo o tempo e
luíndo pelouros con feroce teimosía: dabúa, ruxe,
agurgulla en escumas, fura nas raiceiras, e eu vexo nel a vida,
o alento de cada hora dándolle feitío á eternidade, e síntome
cativa no arrimo desta arela, destas pedras carricentas postas
polo xenio Andeiro dos romanos..."
---o---
Especial sobre o nome de "O Pelouro"

O Pelouro. Centro de Educación especial.
Fundado por Juan Llauder e Teresa Ubeira
Descoñezo ao autor da fotografía.
Sobre O Pelouro, decir, que no seu
día porei un traballo completo, que é o nome dun colexio que
hai en Caldelas de Tui e que foi fundado por Juan Llauder e
Teresa Ubeira no ano 1973. Un centro pioneiro na integración
de nenos con problemas psicóticos e emocionais e que está
considerado como un dos mellores colexios de España.
O nome é "Centro Neuropsicopegagogico O Pelouro". É un
centro de educación especial C.E.E.

Pois ben, o Pelouro ou canto rolado ten moito que
ver coa filosofía que impera e respira este gran colexio. O pelouro vaise
formando toda a vida, vaise pulindo pouco a pouco, sempre que o deixen
rodar. E todos están xuntos, os pequenos, os grandes, os distintos e os
iguais...
A CIENCIA DA INCERTA REALIDADE
DO NENO
DO HOME
DA VIDA
DO CORRER DO RÍO...
A UTOPÍA
Trociño dunha poesía de JUAN LlAUDER
sacada do seu libro POEMARÍO (O pelouro Axeito Ediciones. 2014) e
traducida ao galego polo que escribe.
Este libro tamén está reseñado na miña
bibliografía sobre o Pai Miño, por razóns obvias.
Ver este
link. (Regresades pulsando <--)
Tendes a poesía completa
neste outro link.
(Regresades pulsando <--)
Neste colexio hai nenos con autismo, síndrome de Asperger
o Down, pero tamén superdotados ou os considerados "normais". É un colexio
onde se vive a diversidade. Un colexio onde non existe o fracaso e está en
todo momento a carón dos nenos seguindo e guiando o seu proceso de
aprendixase. Como a natureza fai cós pelouros desta ficha.
Por outro lado na súa pedagoxía utilízase moitísmo o río
Miño, repito que está en Caldelas de Tui...Por eso e por máis farei un
traballo que porei na ficha do noso Pai Miño, leva o título "O Pelouro
e o Pai Miño".
Saludar a súa directora e cofundadora Teresa Ubeira a
quen tuven a sorte de coñecer e saludar recentemente. Descubrín algo que
descoñecía e no que penso profundizar, como maestro e profesor que fun. Algo
ó que hai que quitarse o sombreiro...como se dice vulgarmente. ¡Enhoraboa!
¡Gracias por levar a cabo estas utopias ata o final!.
Saír
a dicionario fluvial.
Volver ao
traballo O pelouro e o río Miño.