
Ínsua na desembocadura do pai dos ríos galegos:o
río Miño, entre Camiña e A Guarda.
Neste lugar hai ata 14 ínsuas, algunhas internacionais e outras
de España e Portugal.
A ínsua, neste caso a
Canosa, vese perfectamente no medio do río.
Son famosas as ínsuas do Ulla ,por exemplo; tamén algunhas
do río Avia e por suposto do Miño.
De tódolos xeitos as ínsuas do río Ulla en Gres
son únicas e merecen unha reportaxe aparte.
Fai pouco, xuño do 2005 faláronme dunha
ínsua marabillosa no
río Arnego na Agolada. É certo, sensacional, pero está ameazada por unha minicentral.
Está en Ponte Cabalos. Tendes fotografías nesta misma web.
Parece que a minicentral non se vai facer.
Enhoraboa.