Chámase frezadeiro o lugar escollido pola troita ou o salmón para efectuar a desova (que é a acción de poñer, máis ben soltar os ovos, dos que saldrán, máis adiante os alevíns).  É polo tanto o lugar do río onde pon os ovos, que logo son fecundados polo macho e trátanos de tapar con coios e area. Nesa zona será onde nazca máis adiante o alevín.

Son lugares con moi pouca auga , pero con lixeira corriente, 20 ou 30 cms. con un leito de moito coio pequeno e area, de tal xeito que a troita poida facer un buraco de forma doada coa cola. Esta operación pode levarlle medio día ou máis.

 

 

 

Posible frezadeiro. 

Habería que ver a velocidade da auga, tamén a profundidade e dende logo con máis arenilla. Pero podera valer.

A fotografía submarina é sensacional, é do grupo  W.U.V. uns especialistas neste tipo de fotos.

Neste video de Vimeo podedes ver como desova a troita. A desova tamén se chama Freza (en castelán, palabra que tamén se utiliza en galego).

 

Este dibuxo é unha secuencia da freza

Este é o link de Vimeo, onde se ve a freza dunha troita, acompañada de varios machos. O macho dominador pasao mal defendendo  o acto. Marabilloso.

 

Fotografía sacada da revista Trofeo pesca mes de abril. Foto de Ernesto Rosa.

 

Na fotografía estase a facer un frezadeiro en base a un pequeno cachón, onde por riba se botou grava, que neste momento estase extendendo.

Efectivamente este é un lugar idóneo para que as troitas desoven cómodamente.

Posible frezadeiro no río Outeiro, neste lugar vin frezar troitas. O Outeiro é un rio que desembocada no Miño en Francelos.

Os ríos cambian moito dun ano para outro e o que hoxe é un frezadeiro mañán nono é.

Os frezadeiros dun río debéranse cuidarse como ouro en pano.

 

 

 

Outro posible frezadeiro, en primeiro plano, no río Xares. 

Ver a parte de coio no centro. Dende logo terían que esperar a unha pequena subida de nivel.

Na fotografía sacada do libro "La trucha en la pesca a mosca", la Biología de la trucha común,  libro escrito por un equipo da Estación de Hidrobiología "Encoro de Con" "EHEC" coordinado por Fernando Cobo.

No libro chámanlle o lugar "frezadero", o libro está en castelán, e na fotografía dicen que as troitas buscan lugares como este de gravas e cantos (de 2 a 6 cm de diámetro), xeralmente en augas correntes, pouco profundas, frías e ben osixenadas.

Dime o meu amigo e compañeiro Paco González  Soto que no seu pueblo onde desovan as troitas tamén se chama rañadoiro; efectivamente teño escoitado esa palabra noutros lugares da provincia de Ourense, por exemplo en Randín no río Salas. ¡Gracias Paco!.

 

Aproveito para contar dúas cousas curiosas:

A primeira é que a palabra raña, falando de ríos, é un lugar especial, que podedes ver nesta ficha deste dicionario. As rañas do río Miño foron, foron en tempos, as causantes de que o río Miño non foxe navegable ata Ourense.

Ver esta ficha das rañas

Ver esta historia do meu amigo Rafael Salgado, relacionado coas rañas:

Ourense puerto de mar.

 

E unha segunda curiosidade, que descubrimos o meu compañeiro de pesca da troita,  tamén compañeiro de estudios o mismo que Paco Soto, falo de Julio Taboada Pájaro (O Páxaro):

 

Unha curiosidade en Ourense capital no río Miño:

Entre decembro e xaneiro podedes ver a freza das troitas desta zona.

 

 

Nesta fotografía do río Miño, en Ourense,  vese xustamente a esquerda río arriba, entre 50 m. da ponte  e a pasarela ó que é un frezadeiro de primeira man para as troitas do río Miño, o leito e puro coio... Pode verse como frezan,  dende a pasarela para abaixo,  é todo un espectáculo. Hai que estar atentos polos meses de decembro e xaneiro,  inda que depende moito de como vaia o río e aquí é un autentico desastre coa presa de Velle que fan o que lles da a gana e por suposto non teñen en conta nada, nin as termas, que se asolagan día si e día tamén,  e moito menos a freza da troita. Faltaría máis...

salir.jpg (922 bytes) Saír.