Os rápidos son tramos do río con certo desnivel e polo
tanto por onde a auga transcurre con máis velocidade.
Tamén se chaman
rabións ou
ruxidas.
A palabra tiro é similar,
tamén se chaman chorreras, pero
cando se dí que o río leva "moito tiro" faise referencia a
que o río leva moita corriente, que pode ou non coincidir cós rápidos ou rabións normais. De tódolos xeitos o lector, pode interpretar, rápidos,
rabións e tiro como sinónimos.

RÁPIDOS NO RÍO MIÑO EN FRIEIRA.
Esta fotografía está sacada polo autor da páxina www preto
de Arbo, por riba da ponte que cruza a Portugal.
Nese tramo o río Miño é un auténtico río.
Ademáis os rabións ou rápidos son de verdade.
|
|

RÁPIDOS NO RÍO MAO EN OURENSE.
Esta fotografía é do río Mao preto da súa desembocadura no
río Sil. A fotografía está sacada do libro Ourense Natural, autor
Xose Antonio López.
Esta ponte xa non existe, hai unha nova.
Unha enchenta do río Mao levouna por diante.
|
|

RÁPIDOS NO RÍO SOLDÓN NO CAUREL.
O autor da fotografía é Miguel López Caeiro.
Aquí, dende logo, o río leva moito tiro, sin lugar a
dúbidas. É unha zona de rápidos ou rabións. Todo é decir o mismo.
|
|

RÁPIDOS NO RÍO MIÑO EN OURENSE.
A fotografía é de Felix Valeiras, un colega. Está sacada en
Ourense é mostra uns rápidos que hai na praia da Concha, xunto os
Caños en Ourense.
Funme botar a dormir
ao pé da auga que corre
a auga foime dicindo
quen ten amores non dorme.
|
|

A fotografía está sacada dun libriño de
José María Castroviejo, nun articuliño que comenza cunha frase de
Juan Valdés: "Los ríos y los habitantes del
elemento líquido fueron hechos para que los contemplen los sabios y
pasaran sin conocerlos los necios".
O río nesta fotografía, leva moito tiro.
|
Saír.
|