Un meandro ou
retorta é unha curva
ou sinuosidade moi pronunciada dunha corrente fluvial.
Tamén se chaman
retorta,
revoltas, reviraboltas,
cóbados,
recovo,
recoveiros,
recovio, reconco.
Tamén se dice que o río
cobreguea (cobreguear) ou
serpea (serpear) que é cando se
estende o río formando voltas e ondulacións, ou sexa facendo meandros,
revoltas, etc.
Os meandros fórmanse cando o río
perde velocidade en terreos chans e discorre formando curvas que se van
redondeando e facéndose cada vez maiores. Erosiónanse pola parte externa,
xa que a velocidade e moito maior ademais de menos profundo,
e os sedimentos vanse deixando na parte interna, onde tamén é máis
profundo.

Meandro incríble do río Miño preto de Arbo.
Vista dende a ponte que cruza a Portugal, en Arbo (Pontevedra).
Un lugar impresionante é
único, onde inda podemos ver un río : o río Miño.
Aquí o río cobreguea de
xeito claro...
Foto do autor da www.
|
|

Retorta no río Miño.
Esta fotografía non é miña, aparece nun
libriño de José Mª Castroviejo sobre a caza e a pesca.
Mostra o pai Miño, por
debaixo de Sela, e vense perfectamente os
meandros, retortas ou ou reviravoltas que ten este río.
Os rápidos que se ven están formados polas
pesqueiras que hai no río.
Unha zona marabillosa que vai a menos, xa
que o río vai mal...
|
|

Retortas no río Lor no Caurel.
O río Lor é un dos mellores ríos e mellor
conservados ríos de Galicia.
Unha auténtica marabilla, inda no ano 2014.
|
|

Reviravoltas ou meandros no río Navea en
Chandrexa Ourense.
A fotografía é do autor da www e mostra
unhas reviravoltas ou retortas nun río sensacional.
Os ríos en Galicia cada vez están peor e
cando se atopa un río nestas condicións os calificativos quédanse
cortos.
|
|

Meandros no río Xares e no
río Corzos.
Os meandros vense perfectamente nestes dous
ríos, fotografía do autor da www, xaneiro do 2002, o encoro de
Prada baixo mínimos. Neste caso é a cola do encoro e vese a
esquerda o río Xares cós seus meandros e a dereita o río Corzos,
o lugar é a Veiga en Ourense. Entre ambos vese como deixa un encoro
o terreno....podre. Neste lugar non viven nin a rás.
|
Poño a continuación os dous
meandros máis famosos de Galicia na miña opinión, xa sabedes que a cousa
é moi opinable e depende...

Trátase do chamado "Cabo do
mundo" en plena ribeira Sacra do río Miño en A Cova (San
Martiño), O Saviñao. Por certo a dereita está unha das bodegas de
sona desta Ribeira Sacra. A fotografía é miña nunca excursión que
fixen do románico da zona, marabilloso, aqui a esquerda está a
igrexa de San Martiño, unha preciosidade.

Meandro da Cubela no río Sil, deste lado o
Concello de Ribas do Sil e do outro o de Poba de Brollón. O pobo da
Cubela que está a dereita é marabilloso. O meandro claro, o encoro de
San Estebo estaba en obras e permitía ver a zona como era no século XIX
e anteriores. Para mín único...A fotografía tamén é miña...
Moitas veces non é este caso xa que o río Sil
está embalsado o río corta o meandro polo medio, a este non lle faltaba
moito e desaparece o meandro deixando unha especie de lagoa que se chama
galacho.

Neste dibuxo vese o
resultado final, o río enderézase e queda esa lagoa en forma
de anelo circular, que se chama galacho. Repito non é o caso
da Cubela xa que a erosión nese lugar prácticamente non
existe co encoro.
A dinámica deste meandros é incrible.

Casi a misma fotografía anterior pero como está
habitualmente coas augas do encoro e medio eutrofizado ver a dereita. A
fotografía non sei de quen é.
Saír.
|