Eu chámolle raseira
a un tramo do río de
pouca profundidade e cunha certa corrente. En realidade son tramos dos ríos
nos que hai pouca pendiente e o río corre mais extendido e plano.
Tamén lle chamo
tablada, tabla, auga delgada, táboa.
Por certo o contrario de auga
delgada son as augas gordas que neste caso son os pozos dos ríos.

Raseira no río Navea en Ourense.
Realmente na fotografía hai tamén rápidos,
pero na zona de arriba hai algunha raseira.

Raseira no río Limia en Ourense. Esta para
mín é mais raseira que a fotografía anterior.
As condicións son as impostas ó principio, unha cuarta de
auga, unha lixeira corriente. Para mín é un dos lugares mellor
para pescar troitas en determinadas épocas do ano.
A principio de tempoada son as mellores
zonas para pescar a troita.

Esta é outra raseira ou tabla ou tablada típica.
Nesta zona sempre hai troita pero a maioría das veces
trátase de troita pequena, ou sexa os alevíns.
Saír.