Unha tosta é
valo ou parede ou muro de pedra, construida no leito dun río para deter ou desvia-la auga cara
unha canle de rega ou dun muíño. Ou sexa un valo de pedra.
Pódese confundir cunha presa ou
represa; realmente a tosta é o muro, sempre que sexa de pedra e que de
lugar a unha presa ou represa. Ver a palabra presa.
As tostas son básicas nos ríos
galegos xa que nas presas que forma son un auténtico viveiro de troitas.
Ver algunhas tostas de Galicia:

Tosta no Mao en Leboreiro,
Ourense.
Con esta tosta desvíase a auga
para
regar varios prados.
A presa a que da lugar chámase a Presa do
Cura.
Fotografía do autor da www.
|
|

Tosta no muiño de Allariz.
Os nosos antepasados sabían compaxinar a
natureza coas súas construcción que usaban a natureza. Hoxe
non...rachamos coa natureza. Por esta tosta suben perfectamente
as troitas.
Fotografía do autor da www.
|
|

Tosta no río Arnoia en Ourense ,
na parte alta.
Este cachón está producido por unha tosta
bastante alta que recolle a auga para un muíño.
Galicia ten uns ríos marabillosos, pero non se
cuidan o suficiente.
|
|

Tosta no río Arnego preto da Ponte
dos cabalos. Agolada.
Desta tosta e
do lugar marabilloso onde está, faloume Manuel Busto Galego, que por
certo tamén me puso en contacto con esta palabra.
Darlle as gracias, por decirme do lugar e da
palabra.
|
|

Tosta no río Seixas afluente do
río Deza en Lalín.
Esta tosta da fotografía é do río Seixas
un regato afluente do Deza por riba de Lalín. A tosta é
impresionante. As presas a que dan lugar estas tostas son
auténticos viveiros de troitas. As veces incluso con
exemplares de troita incribles, de moitos kgs., para o
regato que son.
Ver un video
desta tosta.
|
|

Tosta no río Seixas afluente do
río Deza en Lalín.
Esta tosta da fotografía é do río Seixas
un regato afluente do Deza por riba de Lalín, está un pouco máis
arriba da anterior. As presas a que dan lugar estas tostas son
auténticos viveiros de troitas. As veces incluso con
exemplares de troita incribles, como esta que deu unha troita de
7,5 kg. Incrible.
Ver un video
desta tosta.
|

A tosta anterior. Na parte esquerda hai un muiño.
Para rematar unha fotografía do río Arnoia, concretamente no
Parque do Rexo en Allariz. 2014

Río Arnoia. O Rexo. Allariz. Fot. Secundino Lorenzo. Abril
2014.
Saír.
|