Laño. |
 |
O
laño é, un lugar no fundo dos ríos,
normalmente unha cavidade entre as rochas; neste lugar acostuman a ocultarse as anguías e as troitas.
No lanho (laño) palabra que aparece
no "Vocabúlario ilustrado da terra de Cotobade" parece que se
ocultan as troitas grandes como a troita-bical,
que é o macho vello da troita común, coa mandíbula inferior moi sainte
(ver troita-bical)
e tamén a troita-sapa
que entre os pescadores era coñecida por habitar precisamente os laños.
A palabra laño é distinta de
beirón, o beirón é o que
utiliza a troita en xeral, non precisamente a troita vella si non
calquera.
No "Gran Dicionario Xerais da Lingua"
pon que o laño son aberturas nas pedras do fondo do mar entre as
que adoitan agocharse os congros e os polbos. Non fai referencia os ríos
pero o paralelismo ten sentido.

O beirón e o laño é polo tanto onde se esconde a troita e
non hai que confundilo coa postura en sí.
Por exemplo na fotografía a troita está en postura ( lugar
para comer e cazar), non está no beirón, que sería onde se
metería si se asusta.
O laño é
onde se esconden as troitas grandes.
|
|
|

No dibuxo vense varias troitas nun río. a primeira,
a que está metida na rocha, está no seu beirón, as de máis abaixo
están en postura. A última está no laño.
No beirón dicen que a troita deixase acariciar e mesmo
coller. Estou seguro que é certo, xa que o vín facer,
concretamente en Randín (Ourense) no regato que baixa de
Vilariño e desemboca no río Salas.
Os
laños están no fondo do
río e son cavidades para troitas máis grandes.
|
Saír.