
Na parte dereita da fotografía vese unha pucharca que
quedou aislada do río.
Nos ríos de montaña son típicas.
Tamén no río Miño hoxe coas continuas baixadas e subidas
de nivel polos encoros fórmanse moitas pucharcas.
|
|

Na fotografía vese unha pucharca que queda por debaixo do
encoro de Santa Eulalia no río Xares por debaixo de Alberguería
e Mondón.
O caudal ecolóxico prácticamente non existe e así lle vai
o río Xares pola zona de Portomourisco ata a desembocadura no
río Bibei.
|
|

Na fotografía vense varias pucharcas ou cachafundos que
queda por debaixo do encoro de Prada na Veiga (ourense) no río
Xares por debaixo de Alberguería. Bueno, por debaixo do encoro
de Prada, que asolagou ASlberguería.
O caudal ecolóxico prácticamente non existe e así lle vai
o río Xares dende Prada ata o río Bibei.
|
|

Neste desastre de río Xallas en Ezaro, por debaixo do
encoro soio quedan pequenas pucharcas como a que se ve a uns
metros da presa.
Barbaridades destas soio se ven en Galicia.
Por certo os domingos as doce en media desaparecen as
pucharcas e vese unha pequena corrente baixar ata a fervenza...
No 2011 quedou resolto este problema e as pucharcas
convertéronse en pequenas correntes pero todos os días. Tuvemos
que acudir a lei...
|
|

Nesta fotografía nada menos que do río Sil por debaixo do
encoro de San Estevo en Ourense só quedou esos días unha pequena
pucharca. Dende logo en Galicia as empresas
hidroeléctricas como Fenosa, Iberdrola, Ferroatlántica, Endesa, etc. fan cós ríos o que
queren,
Nesta fotogrfía convirten o río Sil, neste tramo, nunha pucharca.
|
|

Este é o río Sil nesa zona, como vai normalmente. A foto
está sacada río arriba e a anterior río abaixo, pero é a misma.
Sin pucharcas claro...
|