O besbello é un insecto típico dos ríos
galegos que vive na súa primeira etapa debaixo dos coios dos ríos non
contaminados. De adultos dan lugar as libeliñas.
Hai miles de insectos no leito do río e por
debaixo das pedras. Estos insectos marcan, sin lugar a dúbidas a vida
dun río xa que sirven como alimento, entre outros peixes, para as
troitas.
O besbello, sobra que o diga
para os pescadores, é moi espectacular e dende logo un dos mellores
cebos para troita.
Científicamente trátase dun odonato-anisóptero
que cando é adulto da lugar a unha libeliña.

O besbello é doado de
identificar, basta levantar algunhas das pedras do río para
ver os seus movementos e como escapan para debaixo de outra
pedra.
Son bastante grandes entre dous e
tres cms. Tiran a negro e teñen tres apéndices.
A súa existencia nun río é o
principal indicador de que o río está san.
|
|

Os besbellos son larvas grandes que viven debaixo das
pedras dos ríos galegos non contaminados.
Oberservar os apéndices.
A gusarapa é distinta xa que ten dous apéndices que por
certo pican bastante.
|
|

A gusarapa é máis pequena e ten
dous apéndices moi distintos o dos besbello.
|
|

Nestas fotografías móstrase na da esquerda o estadio final
do besbello que se convirte nunha libeliña. A fotografía da
dereita mostra o besbelllo típico.
|

Nesta fotografía, moi aumentada, de Robert Thompson vense os tres apéndices
perfectamente.
O besbello é moi aplanado e agárrase moi ben o fondo do río, pedras,
etc. É un depredador nato de outros insectos.
Algunhas fotografías sacadas de internet:

Nesta fotografía que firma Oscar
Hernández Moure vese un besbello do que está a sair unha
volvoreta. A fotografía é espectacular e según Oscar está
sacada no río Miño en Hombreiro.