Adela Leiro ten moitos libros
adicados á natureza, é parte da súa vida, xa que é a
súa especialidade. Esta páxina referencia, na bibliografía,
moitos deles. A súa labor o longo de corenta anos é incrible
e marabillosa. Aproveito esta web, a miña web, para
felicitala e darlle as gracias no meu nome e no nome dos
ríos de Galicia. ¡Enhoraboa!.
Hai tamén escritores que
utilizan a palabra paleira
en lugar de beirón, como burato ou cova situada debaixo das
pedras dun río. Defeito Xosé Otero Canto , utiliza nun poema, no que fala da troita, a palabra paleira, como lugar onde se esconde a
troita. Concretamente no libro "Miño, río pai e amigo".

Así na páxina 137 do libro anterior, utiliza a palabra paleira co sentido
da cama da troita ou beirón:

"...buscando sexo na escura paleira..."
Esta palabra foime indicada polo autor
do libro Xosé Otero Canto.
O uso de paleira como cama da troita
ten moito sentido xa que utiliza ocos que realmente son paleiras.
Ver
este término neste mismo dicionario.
Tamén descubro a palabra gacheiro, que
na Estrada seica ten o seguinte significado:
Gacheiro:
dise do sitio, entre unhas raíces ou debaixo dunha pedra grande no río,
onde se esconde a troita.

No dibuxo vese un gacheiro,
lugar onde está a primeira troita, neste caso debaixo dunha
pedra grande.
Esta
palabra está sacada dun traballo moi interesante feito por Manuel
Cabada Castro e relativo o que chama as "Palabras con
memoria" e que tamén chama "Palabras naufragas".
Dese
artigo que podedes
ver
neste link recollo a frase:
"...Que
estas liñas poidan servir para que novos xenerosos socorristas de
palabras náufragas a punto de afogaren informen debidamente sobre
elas, contribuíndo así a fortalecer a nosa lingua..."
Que me
leva a pensar que estou a contribuir dunha forma interesante a ser
socorrista dalgunhas palabras.
Resumindo: a cama da troita
tén de momento en Galicia estos nomes: beirón, paleira, gacheiro,
toco, tobo...e seguro que hai máis. A riqueza do galego está
demostrada con este e centos de exemplos. Non entendo como hoxe os
políticos galegos que nos gobernan, estou escribindo esto no ano 2026,
lle dan tanto pau a unha infinita riqueza que temos en Galicia co noso
idioma.
A verdade que nos goberna unha clase,
eu diría, de analfabetos funcionais...Por suposto no quero xeneralizar
totalmente...