Chámanse
caldeiras, as concavidades de
moitas rocas, en ríos de alta montaña ou río con fervenzas moi
abondosas ou forte caudal, que forma a auga pola erosión e o desgaste o bater con forza
sobre a roca; así fai auténticas caldeiras nas rocas por onde discurre o
río.
Os ocos son máis ou menos cilíndricos de
distintas dimensións, en moitos deles pode atoparse unha pedra case
esférica que, empurrada pola corrente en espiral xira producindo o desgaste
da rocha, por suposto en centos de anos...
Tamén se chaman
sorbedoiros,
poteira, revolvedoiros, furnas, pilacóns, paleiras, marmitas de xigante,
cafurna, etc.
Estas caldeiras ou sorbedoiros formas os
remuiños, tan peligrosos nos ríos.
Son famosas algunhas caldeiras de ríos de
Galicia como as caldeiras do río Castro na Coruña. Hai caldeiras moi
curiosas no río Navea, na zona da Ferrería. Tamén no río Viñao por baixo
do Couto de Boborás, no río Cerves por debaixo de Prexigueiro, no río
Loña en Ourense, no río Miño, no río Arnoia e en moitos
máis lugares de Galicia.

Na fotografía, do autor da www,
unha caldeira ou sorbedoiro en Ourense, no río Miño, preto do
tinteiro.
Os remuiños, que forman estas caldeiras fan afogar a moita
xente, cando están máis metidas no río.
Peligrosos, moi peligrosos.
Neste caso non atopei as pedras
esférica ou cantos rodados que son os cinceles de estas cavidades
de remuiño...
|
|

Na fotografía de Jóse Antonio
López pode apreciarse perfectamente estas caldeiras nun río de
Ourense, o río Loña. O nome que se lle da nesta zona son o de
paleiras.
Observar no pé da fotografía, no centro,
dúas paleiras, neste caso, cheas de auga.
Máis arriba hai outra xa rota pola erosión
e a forza das augas.
As paleiras do río Loña, por debaixo do
Conxunto arqueolóxico de Santomé, son famosas e impresionantes.
|
|

Na fotografía do autor da www, pode apreciarse perfectamente estas caldeiras nun río de
Ourense, o río Loña. O nome que se lle da nesta zona son o de
paleiras.
As paleiras do río Loña, por debaixo do
Conxunto arqueolóxico de Santomé, son famosas e impresionantes.
|
|

A zona do río Loña que
está chea de poteiras, moi preto de Ourense, facendo a ruta
que vai o Castro de Xantomé.
Dende o Castro vese esta zona incrible, chea
de poteiras debido a forza da auga en tempos...
|
|

As Caldeiras do río Castro,
Muxía ( A Coruña). Fotografía de Fernando Cabeza, sacada do libro
"Os nomes da Terra". Noia 2000. Editorial Toxos - Outos.
A auga o baixar polas pequenas fervenzas
escava na rocha unhas pozas que semellan caldeiras.
|
|

Na fotografía, do autor da www,
unha caldeira ou sorbedoiro en Ourense, no río Miño.
Concretamente na Pena de Francia, na marxen dereita do río Miño, por riba da Ponte de Ferro.
Este sorbedoiros forman, cando o río leva
caudal suficiente, uns remuiños peligrosos.
|
|

Na fotografía, do autor da www,
unha caldeira ou sorbedoiro en Ourense, no río Miño.
Misma fotografía anterior vista doutro
xeito.
O remuiños que forman estas caldeiras fan afogar a moita xente.
Peligrosos, moi peligrosos.
|
|

a fotografía, do autor da www,
poteiras incribles no río Lubían, xusto por debaixo da minicentral
de Lubián (Zamora).
Estas poteiras teñen varios metros de
profundidade.
Maravillosas, pero están desfeitas,
prácticamente non teñen auga.
|
|

En Ourense, tamén hai unhas
poteiras impresionantes, a da foto ten mais de dous metros. Está no
río
Arenteiro, na súa desembocadura no río Avia. Impresionantes,
merece a pena velas. É, ademáis, unha ruta sensacional.
|
|

En Ourense son impresionantes as
furnas ou poteiras da Peneda, no río Arnoia, no Concello de
Cartelle e preto da desembocadura.
Repito impresionantes, xa que teñen máis
de catro metros.
Ver a fotografía seguinte para entender a
formación destas poteiras.
|
|

Esta fervenza é a que forma as
poteiras na parte esquerda.
Trátase do río Arnoia na Peneda, un lugar
paradisíaco, que últimamente está "arranxando", Fenosa,
cunha
minicentral ampliada.
A foto pode ser histórica... xa que o que
toca Fenosa na natureza, queda, en moitos casos, arranxado para sempre...
|

En marzo do 2010 fun a
Castroleboreiro (en Portugal moi preto de Entrimo Ourense) a pescar
e atopei as caldeiras mais grandes que vín na miña vida, esta é unha
fotografía de esas caldeiras ou pilacóns.

Caldeiras en Castroleboreiro.
Nota: Convén
que o lector visita outra palabra deste dicionario que ten moito que
ver con esta, o término clasto e o tema da
evorsión,
que explica claramente como se forman
estas poteiras.
Saír.
|