Tamén se dice entolar a auga cando se divide para
regar. Tamén se utilizan as palabras
torna, tornadoiro,
torneira e tol
para indicar os lugares onde se desvía a auga dun rego
O
canle que conduce a auga do río ata o muíño chámase en moitos lugares
rairo.
Pola zona de Carballedo en Pontevedra simplemente dín
canle.
Vexamos unha pequena mostra como
exemplo:

Na fotografía a auga é levada
ata un muíño ou unha minicentral, neste caso.
A esta auga chámaselle
auga levada e tamén agolada.
A auga lévase por un
canal ou canle.

Agolada en Allariz, na zona do
Rexo, así levaban a auga ata un muiño que hoxe xa non existe.
O conducto chámase rairo
ou simplemente canle do muíño.
A auga que era desviada
é o que se chama agolada. Neste caso auga levada o muíño do
Rexo.

Neste esquema de muíño sacado do libro
que se cita, vese o canle (rairo)
polo cal se leva a auga o muíño, así se chama en Pontevedra
pola zona de Loureiro en Carballedo. Por certo a parte que
baixa chámanlle canleiro.
------------------------------------------
Nota importante: sobre a
toponimia de Agolada ten o meu amigo
Manuel Busto Galego, no seu blog Aquam Latam moitos
comentarios que merece a pena consultar,
o blog é extraordinario en texto e fotografías; unha auténtica
pasada....
Pulsar neste link.
Poño un trociño do texto que Manuel Busto pon no
seu blog sobre este término:
"O
topónimo Agolada segundo
a Enciclopedia
Lingüística Hispánica provén
do étimo latino Aquam
latam (aquam
levatam):
auga levada ou auga conducida. No Dicionario Xerais da Lingua a
voz levada aparece
como "parte do caudal dun río desviada con algunha finalidade
determinada (para rego, muíño, etc.). Houbo quen imaxinou en
Agolada a existencia dun acueducto do que non ficaría ningunha
evidencia nin física nin na tradición oral. O que nos queda na
tradición oral é a existencia dun muíño desaparecido que estivo
ubicado preto do Pontillón. Tamén na microtoponimia. Aínda hoxe
os prados nos que se ubicaba se chaman Prado do Muíño. Para ir a
eles hai que ir polo Camiño do Muíño, recollido en testamentos e
partillas. Tamén se sabe dunha canalización de auga que conducía
a este muíño. A auga que viña das fontes de Fontearcada, As
Fontelas, a Fonte dos Gorgullós chegaba ao Regueiro e logo
conducíase ao muíño desviándoa da súa canle natural.
Temos, por tanto, unha explicación sinxela e racional para
entender o significado de Agolada. Significan o mesmo: Agualada,
Augalevada, Agualevada, Igualada (Aigualada). Son
topónimos moi estendidos por toda Galicia e tamén noutros
lugares de España e Portugal."
Pulsar neste link
para completar o texto e profundizar na palabra Agolada.
Saír.