Son correntes especiais do río, en sentido circular, e xeralmente chupando hacía ao fondo do río, prodúcense ao chocar a corrente con rochas de forma especial. Estas espirales son peligrosas para os que van nadando polo río.
O remuiño tamén se chama sorbedoiro, remoniño, remonín, revolvedoiro, tragadoiro, rodopío, turbillón, ola, relanzo, cadozo, reducio, brufa, polvoriño, moer a auga, etc.
Esta fotografía é histórica, ese ano da fotografía esta fervenza estaba ameazada. Trátase do río Barbantiño en Ourense que ese ano racibiu unha minicentral, unha aberración total, a un par de quilometros río arriba. Na fotografía onde me xoguei o tipo veredes diante un remuíño bastante claro. A minicentral desfixo un río único.
Río Barbantiño. Remuiño.
Un claro exemplo de remuiño nas augas dun río.
Eu son o fotógrafo e certifico que ese remuiño estaba diante.
Son correntes en forma circular que cando son moi fortes resultan peligrosas. No río Miño hai moitos remuiños dos que non é doado saír.
Sempre había unhos cantos no río Miño na zona dos Caños en Ourense.
Fotografía do autor da www.
Na fotografía vese un remuiño no río Barbaña en Ourense.
Normalmente son máis grandes.
O remuiño é doado de entender como se producen. Pensar na auga pasando por riba desta poza (poteira), por certo, formada polo movemento da auga dentro en colaboración sempre con unha pedra que xira, ver a palabra poteira ou marmita.
Ó que produce é unha corrente circular de abaixo arriba e o revés.
Pode, repito, ser sumamente peligroso, hai que ter moita calma para sair dun remuiño. Cantos afogados no río Miño por mor dos remuíños...
Fotografía do autor da www.
Os remuiños nos ríos son tremendamente peligrosos.
Este concretamente sería peligrosísimo xa que estaba producido por un cachón que realmente chupa a auga por un canal.
--o--
Libro de poesias do periodista e escritor Xosé Lois Rúa, nacido en Castrelo del Val, preto do invernadeiro e do río Camba; tamén un Encoro das Portas que deu e da moitos cartos pero que mergullou moitos pueblos e lugares que Xosé Lois ten presente na súas poesias.
Neste libro vín a palabra turbillón por primeira vez, tomo nota desta palabra.
Turbillón é a masa de auga que forma un remuiño.
Poño o texto no que aparece esta palabra que aparece no que Xosé Lois chama "Xustificación preliminar":
"...Pero aínda nos queda o arrecendo do río Camba, do Parque Natural do Invernadeiro ou do alto de Pena Nofre, e as pegadas que deixaron os peregrinos da Ruta da prata, e máis tarde os segadores galegos que ían a Castela. E tamén o arrecendo da suor que deixaron as mans dos labregos, gandeiros, carboeiros, plantadores de piñeiros, traballadores da vía e os emigrantes que desfilaron pola historia de Campos durante os últimos mil anos.
E non queremos perdelos nunca, porque é o único que nos queda.
Por eso os miramos hoxe con nostalxia, e tal vez cun pouso de ira (e perdón por iso), dende ese primeiro escenario que viron os ollos de neno, chamado Penaboa, que dorme placidamente á beira do turbillón invernal do Camba..."