A beira do río é o que está
inmediatamente xunto o río sin ser río.
Hai moitos tipos de beiras según
os ríos, por exemplo no río Miño en Arbo as beiras son de coio ou cantos
rodados.
Tamén se fala de ribeira,
orela,
ourela, beira,
beiral,
bordo, marxe,
etc.
Fálase tamén do bosque de ribeira, para indicar o
conxunto de árbores e plantas que hai a carón dos ríos.
Si o terreno que está a beira do río é
moi pendente, case vertical, chámase ribada,
tamén
terraplén, ribón, ribado ou ribazo.

Río Xares en Ourense.
A beira esquerda do río está formada por
herbas verdes, xuncos, espadañas, etc. (Supoñemos que o río vai cara
a ponte)
Hai xente que non ten claro
cal é a beira esquerda ou a dereita dun río: moi simple,
si teoricamente ou virtualmente ou realmente te situas nun lugar
do río e miras para onde vai a corrente, a beira dereita
correspóndese exactamente coa túa dereita e a beira esquerda coa
túa esquerda.
|
|

Río Miño en Selas.
As beiras son de coio, típico deste río.
Nesta fotografía este home está na beira
dereita do río Miño.
|
|

Río Navea en Chandrexa.
Río Navea en Ourense, as beiras son
prados e tamén o típico bosque de ribeira formado, neste caso por
bidueiros e salgueiros.
Aquí a beira esquerda é a
da carretera, pero non está claro xa que habería que saber a
corrente para onde vai. Evidentemente eu seino, é o meu río de
sempre...
|
|

Río Miño en Ourense
Neste caso a beira é do río Miño
en Ourense, xusto por debaixo dos caños e moi preto da Peña de
Francia.
Unha beira preciosa chea de flores neste caso
azuis. Son cardos.
Os paseos pola beira do río Miño en Ourense
son marabillosos. A
pena é que o río Miño non está saneado.
|
|

Río Navea en Chandrexa.
Preto da Ferrería.
Río Navea en Ourense, as beiras son
prados e tamén o típico bosque de ribeira formado, neste caso por
bidueiros e salgueiros. Hai tamén moito capudre (serbal) e acivro.
|
|

Ribada no río Viñao
en Ourense.
A ribada é distinta nesta fotografía do río
Viñao tanto unha beira como outra son ribada, ou sexa, terreo moi
pendente, case que vertical a beira dun río.
|

Bosque de ribeira, neste caso do río Barbantiño. Neste bosque abondan
os amieiros, carballos, freixas e moitos fentos.
Nesta fotografía a beira dereita do río é precisamente a
esquerda da fotografía.
Saír.
|