CHEA
|
 |
A chea (
tamén se chaman enchente, crecidas,
dioivo, enxurro,
arroiada,
torrentas,
duvieira,
desbordamento,
aluvión,
avenida,
regueirada, riada,
raudal, enchenta, enzurrada, medra,
etc. ) non
é máis que unha subida anormal de nivel do río, por choivas torrenciais, por
fallos humáns ou simplemente porque choveo durante moito tempo. O que pode
provocar, polo tanto, son inundacións
(asolagamento dunha área determinada debido as cheas).
Tamén se dí que o río vai "de monte
a monte".
Tamén se fala de "aguas de fora" ,
as augas dunha
crecida ou lodadas por deshielo das montañas.
Polo Incio tamén falan das cheas
pero chámanlle esbordas.
Outra palabra interesante é
abaloufar que se dí
cando o río aumenta moito o seu caudal de auga. Esta palabra está sacada
do dicionario de Eladio Rodríguez e seguramente recollida por Leiro ou a
súa bisbarra.
As cheas poden ser peligrosas, sobre todo si algunhos políticos "expertos" cambian o cauce o río ou quitan as árbores
para facer paseos fluviais (os mellores paseos fluviais son os que xa hai
feitos, os outros, salvo excepcións son auténticas salvaxadas que a larga
páganse...).
Algunhas cheas famosas:

A chea en Vilariño de Conso,
Simplemente Iberdrola, abriu o encoro do Cenza. Foi
incríble como iba o río. Para temblar. Non houbo mortes de
casualidade... observar esta fervenza, é incríble.
|
|


As cheas do río Miño.
O río Miño tuvo varias : en 1909 , a de
1935, 1939 , 1959 , 1962 , 1966 , 1979, 1987, 2000-2001, 2014,
entre outras.
Seica a chea do nove (1909)
foi moi grande e sonada. A mais grande que vín foi no 2000-2001.
Na fotografía a chea de 1979 en Ourense
capital.
¡¡¡ Para temblar!!!.
Hoxe cos encoros pódense controlar máis estas
cheas, pero ollo...poden ser inda máis peligrosas. Cando o
encoro está cheo unha subida das augas pode ser moi peligrosa e
producir moitos danos.
Sobre as cheas ou enchentas do río Miño hai
unha páxina, do queescribe, onde hai históricos delas e unhas
fotografías moi curiosas, sobre todo a chea de 1959 que foi unha
das grandes...Ver
este link.
|
|

.jpg)
O río Miño sigue avisando, esta
fotografía corresponde a chea do 7 de decembro do 2000.
O salto de Velle vaciaba 6000 metros cúbicos por
segundo e o río subiu 6 metros. Esta presa pode evacuar ata 8000
metros cúbicos.
Incrible.
|
|

O río Miño sigue avisando, esta
fotografía corresponde a chea de xaneiro do 2001. Foi un pouco
menos que en decembro do 2000, fotografía anterior, pero
dende logo peligrosa.
O río Miño sigue avisando.
As cheas, na miña opinión, cada día serán
máis peligrosas: os ríos non se lle poden por barreiras as beiras,
e os montes non se deben queimar.
|

O río Miño nos Peares, ano 2019,
pequena chea dese ano.
O río cando vai cheo
leva carballos e follas;
tamén podía levar
as linguas marmuradoras. |
Saír.
|