O Trobisco
|
 |
Poño esta planta que máis ben é un arbusto xa que
para mín é bastante coñecida, lamentablemente.
O trobisco ou truvisco é un arbusto, que inda hoxe se
utiliza como veleno activísimo. As follas machacadas son velenosas
para as troitas e peixes. Con este arbusto fixéronse auténticas
salvaxadas nos regatos de montaña na provincia de Ourense.
É o que se chama envarbascar
o río.
Pola zona do río Mandeo
tamén se utilizaba a ruda.

O trobisco, matapolos en castelán, é
unha planta tóxica en tódolos aspectos. O seu froito é carnoso, primeiro verde
pero finalmente ten cor bermella. Ver a fotografía , máis abaixo...
|

Tamén se utilizaba para sanar as orellas unha vez que se facía o
burato para os pendentes.
Tamén como insecticida, para matar piollos, formigas, e chinches.
Algúns paisáns utilizan o trobisco como potente veleno para matar
peixes nas pozas dos ríos galegos. Así é citado en diversos libros,
entre eles "Un verán en Galicia" 1911 da Inglesa C. Gasquoine
Hartley. 1911 editado por Galaxia.
|

En realidade trátase dun : Arbusto de talos erectos. de corteza parda e altura non
superior os 2 m.
Follas simples, alternas, lanceoladas
e sempre verdes e enteiras
Fruto de tipo drupa, verde inicialmente e bermello o
final.
Os froitos son velenosos.
|

En galego chámase con moitos nomes:
chorobisco, churbisco, matapulgas, torbisca, trobisco, truvisco, turbisco.
|
Saír.
|