LENDA DA PRINCESIÑA ENCANTADA

Fonte de Couto de Á. de Ramil. Castro de Rei

 

Dicir que esta lenda está escrita polo poeta lucense Xosé Otero Canto, no seu libro "Romanceiro do Pedregal de Irimia" que menciono na miña web sobre o "Río Miño", no apartado dedicado o Pedregal de Irimia.

Ver a referencia, a Xosé Otero,  ao final deste texto.

 

Copia do romance.

Lenda da princesiña encantada.

.

A pedra significa que os romances do libro

 nacen todos do Pedregal de Irimia. Esta tamén no centro da fotografía do libro de Xosé Otero Canto.

 

O libro trae unhas ilustracións, marabillosas,  de Anxo Grande Penela.

Neste caso vese unha troita ee o río detrás.

 

 

 

 

galicia.gif (2685 bytes)Saír

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Romanceiro do Pedregal de Irimia.

 

Romanceiro do Pedregal de Irimia. Lendas. Autor Xosé Otero  Canto.

Publicada pola Irmandade Manuel María. Concello de Meira. 2023

Unha auténtica xoia de libro. Moi ben publicado e con moito gusto en todo, tamén  nas ilustracións. Os dibuxos de   Anxo Grande Penela e fotografía de portada de Óscar Grande Fernández tamén son marabillosos.

De Xosé Otero Canto dicir que é un  poeta único que dedica no libro nada menos que nove romances a todas as lendas que teñen relación co Pedregal de Irimia e polo tanto co río Miño. Vese que é un namorado do río Miño, eu tamén, e teño de dicir que o seu libro "Miño, río pai e amigo" tamén figura no apartado de poesías dedicadas o Miño, nesta web especial do río,  dende fai uns cantos anos. ¡Sensacional!.

Estas son as lendas que trae o libro:

A escolma ten oito romances dedicados ao Pedregal de Irimia:  dende  a Lenda dos nacementos dos ríos Miño e sil; a Lenda do Pedregal de Irimia; a Lenda de Bernardo de Claraval;  a  Lenda dos dragóns;  a Lenda da vella e os paxaros; a Lenda de Irimia e o nome do río; a Lenda de Irimia axota aos frades; e finalmente a Lenda dos Pecadores ou de Gorgona, a medusa. Trae tamén a Lenda da Princesiña Encantada pero  esta lenda que é tamén marabillosa fala dunha princesiña troita que non ten que ver, ou sí, co Pedregal de Irimia. Esta lenda da princesiña podedes vela íntegra na ficha que lle dedico a troita na miña páxina web "Os ríos galegos", trátase doutra xoia de romance.

Tódalas lendas anteriores están contadas como romances.