A TROITA MÁIS GRANDE DO MUNDO
A troita máis grande do
mundo chega aos 8 m. de lonxitude. Cifra que a converte na
maior escultura dunha troita no mundo mundial...
Dende o 30 de abril do ano 2024 loce ás beiras
do río Eo, a entrada de Pontenova (Lugo).
En Galicia tiña que ser e estar.
Felicitar a iniciativa que é unha colaboración
entre o Concello de Pontenova e o IES Enrique Murais.
Felitar os tres profesores dese centro, e por
suposto os alumnos que tamén colaboraron, o final tres colegas do que escribe
entre os que figura un barquense Tasín Laurel. E digo colegas xa
que eu fun tamén profe de varios institutos e a miña aficción a pesca da troita
venme de cando estuven no IES O Ribeiro, daquelas ITEM de Ribadavia nada
menos que 9 anos. Tempos aqueles...
A escultura está feita de aceiro e pesa 1000
quilos. É polo tanto a troita de máis peso do mundo. As pintas e os cores creo
se deben a Diego As. Na Festa da Troita foi a inauguración.
A fotografía que vou poñer da troita está
sacada doe O Sil, dun especial adicado a Santa Rita, en maio de 2024.
Que mellor que poñelo na miña ficha da troita, é un auténtico
placer.
¡Noraboa a todos polo record.

Na fotografía o alumnado que participou no traballo.

Nesta fotografía está un dos autores: Tasín Laurel
O artigo de O Sil está firmado por A.R. descoñezo si tamén
é o autor das fotografías.