TROITAS ENORMES DOS RÍOS GALEGOS.
(A vella)

En Galicia, hai en moitos ríos troitas de
moito peso. Troitóns...
Probablemente sexa o río Miño e os seus
afluentes os que dan as troitas máis grandes. Pola miña banda
a troita maior que vin na miña vida, troita autóctona por
suposto non pachangas ni troitas arco iris, foi de 8,5
kg e pasaba dos 90 cms, foi pescada no río Avia en
Bieite (Ourense). Fai uns días que atopei a
fotografía desa troita, sacada en Ribadavia por Foto Chao. Vela máis
abaixo.
Documentada está unha troita de once kg.
pescada no río Avia en Leiro, creo que entre 1976 e 1980,
teño a referencia do corresponsal de La Región de Ribadavia
Pepe Puga, un amigo xa fallecido. Ver
o link da noticia.
Fálase de troitas de 18 kg,
concretamente no río Miño a altura de Chantada pero non hai
datos reais deste feito. No libro "Un verán en Galicia"
escrito en 1911 por unha inglesa que veu a pescar a Galicia
co seu marido, C. Gasquoine Hartley, cítase
no río Sil unha troita de 15 kg.
No que sigue hai algunhas troitas grandes
pescadas nos ríos de Galicia. Normalmente en términos de pesca
fálase da vella, para
referirse a estas troitas grandes.
Ver
algunhas
troitas vellas
Ver este relato dun troitón en
Portavía.
Saír


A troita foi pescada en
Pontegrande no río Arnoia cunha culleriña. Estuvo casi unha hora para
sacala do río.
|
Troita común de río.
Botou 3,00 kg. e foi collida,
a culleriña, en
Pontegrande no río Arnoia, polo meu amigo e compañeiro de pesca Alberto
Prego, por certo con axuda doutro amigo Felix Valeiras.
Dimensións:
65 cms.
Observar
a proporción entre a cabeza e o corpo (sobre
4:1 ou 5:1).
Unha troita moi estilizada e vese fácilmente que
non é unha "pachanga"... En Galicia teño visto troitas de 8,5 kg. por exemplo
no río Avia, na zona de Bieite (Ribadavia - Ourense). Non teño fotografías.
Por suposto no río Miño inda quedan troitas de
moito peso.
|
....
|
|

|
Troita común de río.
Botou 2,200 kg. e foi collida a pluma,
no río Miño en Ourense, polo meu amigo e compañeiro de pesca
Felix Valeiras. Trátase
dunha femia.
Dimensións: 58 cms.
Observar
a proporción entre a cabeza e o corpo (sobre
4:1 ).
Por suposto no río Miño inda quedan troitas de
moito peso, esta é unha delas.
|
...... |
|

|
Esta troita non debera figurar nesta
relación, pero figura. E figura xa
que foi a maior troita que collín na miña vida, e eu, soio eu, son o
dono da web, así que ahí van os datos: 1,600 kg
de peso 58 cms. e
collida con fio do 16 mm. e unha plumiña pequena, moi pequena.
Río Limia en Aceredo (1972), hoxe debaixo dun encoro. Saqueina rápido do
río, é coña, en 45 minutos máis ou menos...disfrutei a tope,
marabilloso...
Sin dúbida a troita máis bonita da miña vida,
por certo era de carne rosada...
Soio pasaron 37 anos. "Non descarto coller unha maior...pero
autóctona e de río, as "pachangas" escapo delas...danme
noxo...".
As cousas cambiaron moito...
|
...... |
|
 |
Santiago Lemos de Ourense, un
seguidor da miña páxina e quen aparece na fotografía, dime que hoxe ten
35 anos, pero que cando tiña quince, que corresponde a fotografía,
foi pescada esa gran troita que casi pesaba 6 kg. A troita é do río Miño
por Nogueira en Chantada.
A troita foi pescada por unhos
curmans do seu pai.
Dime que o seu pai conta que o seu
abó pescou no río Miño, "cando era río", unha troita de 18 kg.
Darlle as gracias a Santiago que
tamén me mandou outras fotografías.
|
|
|

|
"Pachanga" collida no encoro do Vao,
no río Bibei, botou 11,250 kg e foi collida o 20-03-2002.
Observar a proporción 3:1.
Chámolle "pachanga" xa que non pasa de
70 cms
e ten un peso descomunal, non proporcional o corpo.
Son troitas que están
nun lugar do encoro onde hai sobre - alimentación, do tipo que sexa.
Lémbranme as troitas que se collían fai anos na desembocadura do
Barbantiño e que comían tripas de polos...eran así...
Son troitas de encoros deformadas.
|
......
|
|

|
Troita collida no mismo encoro do Vao,
o mesmo que a troita anterior, tamén no río Bibei o ano 2001 botou
85 cms e soio pesou 6,5 kg. Moito menos
peso e moito máis longa (inda que a fotografía non é boa, e non se ve.
Esta troita é moito mais estilizada que a
anterior. É sin lugar a dúbidas, máis normal.
Troita máis normal que a anterior.
|
......
|
|
 |
Troita bastante boa conseguida polo
meu amigo Quico, que foi Presidente da Asociación de Pescadores de
Ribadavia, cando eu estaba traballando precisamente nesa vila e collín a
gran aficción que teño a pesca actualmente...
Non sei os kgs. que botou, pero polo
tamaño e o aspecto andaría polos seis kgs.
Troitas deste tamaño había moitas
no río Avia e por suposto no río Miño.
Non era doado collelas, pero
especialistas había. Daquelas pescábase moito con peixe vivo. Hoxe está
prohibido...
A fotografía é da súa filla Mª José
e está sacada do seu blog.
Tamén a seguinte...
|
|
|
 |
Troita sensacional, observar que
está moi delgada pero que pasa do metro de lonxitude. Foi conseguida
polo meu amigo e compañeiro de traballo Braulio; que fai pouco nos
deixou.
Non sei os kgs. que botou, pero polo
tamaño e o aspecto andaría polos cinco kgs.
Troitas deste tamaño había moitas
no río Avia e por suposto no río Miño.
A fotografía está sacada do blog
"Cajón de los recuerdos". Na foto aparecen Javier Miguez e Braulio Soto,
Xavier ten a cesta chea de troitas.
Tamén a seguinte é do río Avia en
Ourense...
Braulio falleceu recentemente.
Onde estés amigo unha aperta.
|
|
|
 |
Esta fotografía está collida, o que
se dice pescaba e ben pescada por un rapaz entrañable para mín. Un
alumno da miña época inesquecible en Ribadavia como profesor de
matemáticas no ITEM de Ribadavia, e un amigo actualmente.
Trátase de Amando Canitrot que me
remite este texto: "Bos días, Secundino!. Mándoche unha foto miña,
con unha troita que pesquei cando tiña 15 anos (fai 39 anos), en 1.970.
Lugar de pesca: presa do muiño do Raiña, na Foz (Ribadavia). Pesou 3,5
Kg. pero non me lembro da medida, ainda que tendo en conta que eu xa
medía 1,70-1,75 m., a troita podería ter entre 50 e 60 cm"
A troita foi pescada no río
Avia. 1970.
¡Que grandes ríos o Avia e o
Miño naqueles tempos, dos mellores do mundo...!.
Hoxe defenestrados...
|
|
|
 |
Esta penso que pode ser a famosa troita
dos 8,5 kgs. collida no río Avia preto de Bieite, ou ben a de 11 kg. e
1,04 m. collida en Leiro.
Si é a de Bieite botou 90 cms de longa,
mentras que si é a de Leiro seica tiña 1,04 m.
O problema da fotografía é que se
ve que se trata dunha montaxe típica, polo tanto é imposible trazar
referencias.
Non vexo como o pescador colle a
troita, eu penso que troita e pescador son fotografías distintas.
|
|
|
 |
Troita coñida polo meu alumno Manel
(alumno de matemáticas, non de pesca) de Ribadavia- Ourense,
seguramente no río Avia.
A troita bota por riba dos tres kilos.
Manel sempre foi un pescador
experimentado e de feito inda hoxe en día participa en campeonatos e con
moi boas clasificacións.
A fotografía mándame Luis Lerox
dende o país vasco.
|
|
|
 |

Couto do río Xares. S.L.F. 2019
Troita sensacional pescada por Moncho Fábrega no río Xares, en Ourense. Ano 2018
A troita seica pesou por riba dos
catro kg., un peso pouco habitual neste río de Montaña. As proporcións da troita e a librea
son marabillosas. A troita foi pescada con ninfa e nada menos que con
fio do 16; dime Moncho que loitou moitísimo e que lle entrou a auga
por todo o corpo...
|
|
|
 |
Este exemplar de troita foi pescado
seguramente no río Miño en Castrelo, tratase dun exemplar que supera o
metro de lonxitude e que seguramente andaría polos 8 kg.
Troitas deste calibre colléronse en
tempos no río Miño.
Na fotografía vese a Lebón, o
pai de Álvaro, un amigo para mín nos meus tempos de Ribadavia anos
1968-1977.
Lebón falleceu recentemente.
Onde estés amigo unha aperta.
|
|
|
 |

Sensacional troita pescada no río Miño, ano 2016,
no couto de Quinte. Unha troita de 1,700 kg. pescada entre oucas ou
ranunculus, tipicos desta zona do río Miño, por riba do Encoro de
Belesar.
A típica troita do río Miño, ben feita,
proporcionada, loitadora e que está esperando o lance marabilloso
que fai o pescador entre estas oucas. Marabilloso río Miño, o mellor de
Europa en tempos e hoxe ben maltratado... (Este comentario e meu).
Así mo explicou o pescador, neste caso, Manuel
Meira. Deixei o brazo para ter unha referencia. Espero que che guste.
|
|
|
 |
Este exemplar de troita foi pescado
no río Miño na zona de Chantada, polo chantadino Sindo Figueiras, logo
reivindicada por dous pescadores máis...
Botou 105 cms. observar que é unha
troita moi longa.
Pesou 7 1/2 kg. hai que decir que é unha troita preciosa e proporcionada.
A fotografía pertence o archivo de
Roi Fernández.
Foi pescada polos anos corenta,
observar a fotografía. Nesa época inda non existía o encoro de Belesar e
o río Miño estaba ceibe dos encoros actuais.
Foi pescada na desembocadura do río
Asma no río Miño, un lugar de pesca sensacional.
|
|
|

|
Troita maior documentada en Galicia
Por suposto no Pai Miño:
Este exemplar de troita foi pescado
no río Miño na zona da Coba, no Saviñao, é sin dúbida a troita maior
documentada pescada no Pai Miño. Pesou 10 kg.
O pescador foi o gardarrios Mario
Fernández e seica tuvo a axuda de Manolo Gómez.
A fotografía pertence o archivo de
Roi Fernández.
Por suposto que no río Miño fálase
de troitas moito máis grandes, ata de troitas de 25 kg. pero o peso non
é creible. Por suposto que troitas entre 10 e 15 kg. si que se pescaron
neste gran río, pero non están documentadas.
Gustaríame saber o ano en que se
pescou este exemplar... Parece unha fotografía posterior a 1970, ou sexa
xa co encoro de Belesar feito.
|
|
|
 |
Este exemplar de troita foi pescado
no río Miño no couto de Quinte. Pesou 12 kg.
O pescador non sei como se chama.
O ano de pesca foi no 2017.
|
|
|
 |
Esta troita (moi parecida a
anterior de Lebón), que apenas se distingue (a calidade da fotografía
é minima, 21 kb.) bate tódolos recors das troitas anteriores xa que
ten unha peculiaridade, foi pescada nun pequeno regato de Lalín en maio
do 2010. A troita pesou 7,5 kg. e medía 94 cms. Unha troita
moi grande
máxime si se coñece, como é o meu caso, a tosta onde foi
pescada, nun regato o río Seixas que é un afluente pola esquerda do río
Deza. Observar a proporción da troita,
totalmente estilizada cunha cabeza moi grande e unha proporción
aproximada
5:1.
A troita resulta incrible que
pudese vivir nesa tosta de non máis de dous metros de profundidade e non
moi longa.
|
|
|

|
Troita collida por Fraga (o noso
Presidente da Xunta de Galicia ata o 2005, que tamén é pescador de toda a vida e,
por certo, favorable das minicentrais, cousa que non entendo nin
entenderei nunca) no río MIño no salto de Belesar o
29-03-1998.
Seica botou
5,5 kg. As dimensións non parecen
grandes. Sobre 55 cms.
Observar que soio ten corpo, a cabeza é
pequena. Eso sí, moítisima barriga. Nona vexo normal, inda que
"xa me gustaría pescala, pura envexa...".
O que está claro é que nos encoros as troitas
están deformadas por norma xeral.
|
|
|
TROITAS NON
GALEGAS.
|
TROITAS NON GALEGAS. |
 |
Troita de
9 kg. collida nun couto de troita
salmántino, no río Tormes, 2019. Pasou do metro de lonxitude.
Seica foi collida con ninfa
por Diego Corral que aparece na fotografía el 13 de maio de 2019.
A troita foi devolta o río ..."Quiero que sirva
para que se valoren nuestros ríos y la pesca sin muerte" dice
Diego Corral.
O río Tormes inda ten destes
exemplares que son incribles.o
Por certo nese río o Tormes, pesqueino durante
quince días na súa cabeceira (en Hoyos del Espino, prácticamente o nacemento deste río,
na Serra de Gredos) , aló polo 1971, fora de
serie, as troitas eran longas e moi estilizadas, normalmente entre 20 a 25
cms. Sensacional. Non baixaba de 15 troitas cada vez que
pescaba. Lémbrome das augas frías, moi frías e as
troitas longas, moi longas. Tamén eran tempos...
|
|
|

|
Troita de
8 kg.
collida no Barco de
Avila no ano 1970. Observar que a troita guarda proporción entre a cabeza
e o longo do corpo. Sobre 80 cms.
Destes exemplares quedan poucos.
|
|
|

|
Na fotografía, sacada do libro
"Memorias
de un pescador leonés de truchas" de Jesús Pariente Diez
vese unha troita capturada o día 30 de xunio de 1983 por Aldredo Casasola
Falagán, no coto de La Omañuela, río Orbigo (León). A troita
pesou 6,300 kg. e tiña unha lonxitude de 87 cms.
É unha troita totalmente proporcionada no seu peso e na súa
lonxitude. A troita foi collida cunha pluma, unha Cascudo Bergara,
modificada por Alfredo, pondo un pardo flor de escoba bermello en lugar
dun indio rubión. Moito máis mérito.
|
|
|

|
Na fotografía Emilia Martinez Garrido,
chamada polos pescadores arxentinos "a galega de ouro", debido
as troitas grandísimas que colleu.
Na fotografía con un troitón de máis de
8
kg e preto 80 cms. de lonxitude,
capturada no Lago Kimi, en Tierra del Fuego (Arxentina).
Esta fotografía e a seguinte están sacadas do libro
"La pesca de truchas y salmones" de Jesús Angel Cecilia Gómez.
Si algún día lee esta páxina www, gustaríame
facerlle un apartado ou un anaco na miña páxina.
Unha galega pescadora de troitas non é nada
común... ¡enhoraboa!. Ponte en contacto Emilia.
|
|
|

Salo trutta de 16 kg pescada no Lago Nahuel Huapi en
Arxentina en 1952

Troita de lago,
pescada por George Kenny, de 38 kg. , xullo do 2007 en Great
Bear Lage.
|
O record do Mundo I.G.F.A. (The
International Game Fish Association) teno unha troita marrón
(equivalente a nosa) pescada o
16-12-1952 no Lago Nahuel Huapi en San Carlos de Bariloche na Arxentina
por Eugenio Cavaglia e deu un peso de 16 kg, con
unha lonxitude de 99 cms.
O exemplar está exposto na Asociación de Pesca e
Caza Nahuel Huapi, que é a fotografía da troita disecada a esquerda.
Observar, unha vez máis as proporcións. A verdade é que non está moi
ben conservada, parece de plástico... pero casi un metro é moita
troita de Dios...
Non teño en conta as troitas arco
iris onde o record está en 22 kg. Tampouco as troitas de Lago (Salvelinus
namaycush), hai unha pescada de 32,65 kg.
Hoxe no 2011 xa hai outros recork
así o de Tom Healy que capturou en Michigan unha Salmo trutta de 18,80
kg. Record que xa foi batido por 0,02 kg. ou sexa dous centésimas. E non
quedará así no futuro...
|
Saír

|