Salmo trutta
fario. Troita común. (Trucha).
Tipos de troita según a súa librea.
 
Volver a
ficha da troita.

O que sigue é unha serie de fotografías
da librea dun peixe o que
lle teño moítisimo cariño.

En Galicia hai (a parte da troita arco iris que
non é galega) a troita Salmo trutta fario
(que é a
troita común dos nosos ríos), e a Salmo trutta trutta ( que é o reo , a troita de mar , que
tamén se atopa nos ríos pero alterna os ríos co mar). No que sigue
vamos a ver a fotografía de algunhas libreas da "nosa troita común", a
Salmo trutta fario.
Un
estudio da Universidade de Santiago
revela
que hai en Galicia sete estirpes de troita autóctona:
área cantábrica,
Rías Baixas, Miño alto (Lugo), Miño baixo (Ourense, A Guardia), Limia,
Zona Oriental de Ourense e Costa da Morte. A súa vez estas sete
divisións reúnense en tres: Atlántico, Miño Alto e Sil. A idea hoxe,
febreiro do 2007 é recoller troitas destas estirpes e criar exemplares
para repoboar con estas troitas.
|
Decir que a nivel científico a única maneira de
distinguir as estirpes son mediante estudios xenéticos; estudios que non
se utilizan neste pequeno traballo. O que sigue é a miña opinión sobre o
tema, moi discutible; unha pequena aproximación non científica...
Vexamos algunhas destas estirpes:

|

Esta troita (a fotografía é do autor da www e foi
pescada en Chandrexa de Queixa, no río Navea) podía ser a troita
típica dos regatos de Galicia.
Estirpe do Ourense Oriental.
Observar detalles que a diferencian de outras troitas, incluso as
comúns de piscifactoría. En
particular, o estilizadas que son, o corpo moi alargado, é como catro ou cinco
veces a cabeza, este tipo de troitas son típicas de
ríos de augas moi batidas e ríos de montaña. Realmente cada día quedan
menos. Lémbrome de coller troitas moi parecidas
en augas moi batidas por debaixo de Leboreiro, no río Mao en Ourense. Troitas moi longas,
musculosas, super-rápidas, incribles. Por certo un bon día a empresa Fenosa secou
o río e morreron todas, había desviado o río completo por unha canaleta,
para producir electricidade.
|
As troitas poden cambiar de librea según o lugar
do río onde vivan, moitas veces simplemente as diferencias son producto
da alimentación e do mimetismo o que da lugar o medio no que
vive.
Exemplo claro:
As dúas troitas
das libreas anteriores son do mismo río, apenas 50
metros de distancia. A primeira nunha raseira, despois
dun cachón, e a pleno sol; a segunda nun pozo de
dous a tres metros de profundidade e bastante sombrio.
Evidentemente as troitas son do mismo tipo pero teñen
libreas distintas. Por certo as dúas troitas están
fotografías neste link.
Alguén dixo: "As troitas son como
os ríos, non hai dous iguais..."; dende logo,
no que se refire a librea é así:
 |
Troita de estirpe Ourense
Oriental, ríos de Chandrexa, Xares, Vilavella, A Gudiña, etc.
En algúns pozos pode ser
máis oscura.
A librea é sensacional, e a
troita é forte e moi loitadora.
Estirpe Ourense Oriental.
|
 |
Esta troita tamén a teño visto, incluso moitísimo máis
oscura. Depende moito do sombrío que sexa o río e dos pozos que teña.
Teño collido este tipo no río Viñao, polo Carballiño ( Ourense).
|
 |
Este tipo teño visto en ríos da zona de Cercedo, como o
río Lérez, no Tea, etc.
Estirpe rías baixas.
|
 |
Esta troita, con pintas negras todas
elas, tamén é unha troita común en Ourense, sobre todo no río Miño. Atópanse bastantes no
río Arnoia e noutros ríos.
Estirpe Miño Baixo ou similar.
|
 |
Esta troita, con pintas
vermellas e negras e de aspecto claro é unha troita tamén bastante común
en ríos de Pontevedra como o Oitavén ou o Verdugo. A fotografía está
sacada do blog nosolomosca.
Estirpe Atlántico ou similar.
|
 |
Esta troita, con pintas
vermellas e negras e de aspecto claro é con manchas oscuras foi pescada
no río de Val de Veiga en Ledoño Culleredo. A fotografía é de Álvaro
Martínez.
Estirpe Atlántico ou similar.
|
Como xa está dito máis arriba, dentro do mismo río hai troitas de
distintas libreas, según o sombríos que sexan os pozos, si está ou
non en correntes,
a vexetación de ribeira, as repoboacións feitas no río ou simplemente a alimentación nese
tramo, etc.
Ver estas mostras:
 |
Estas troitas que foron
pescadas por Oscar López son todas dun tramo do río Arenteiro en
Ourense. Observar que todas son troitas comúns e de distintas
libreas.
Algunhas son autóctonas e outras de
repoboación con troita común.
|
 |
Estas troitas foron
pescadas por Pedro Luaña e todas nun tramo do río Avia en abril
do 2008 (daban
todas a
medida, inda que pode parecer que non).
Observar a variedade das libreas. A troita da esquerda e a de
abaixo son totalmente distintas as demais que son comúns pero
que parecen de repoboación.
|
 |
Estas troitas son todas do río Eo, concretamente foron pescadas no lugar de Chao de Posadoiro.
A fotografía está sacada
deste blog amigo.
|
 |
Conxunto de troita
pescadas nun tramo do río Grande de Baio.
A verdade é que as
troitas son moi similares as outras deste artigo.
A fotografía é de Pedro Luaña.
|
 |
Conxunto de troita
pescadas nun tramo do río Ulla.
A verdade é que as
troitas son moi similares as outras deste artigo.
A fotografía é de Pedro L.
|
 |
Conxunto de troitas
pescadas nun tramo do río Neira en Lugo. As dúas de arriba, na
miña opinión son claramente de repoboación, a primeira incluso
lle falta un trozo da aleta caudal; a de abaixo é un caso raro,
ten medio corpo de troita común e outro medio de
repoboación, tamén pode ser a luz.
A fotografía é de Pedro L. Gracias
Pedro.
|
 |
Conxunto de troitas
pescadas nun tramo do río Parga en Lugo.
As libreas son moi similares as demais
quizais un pouco claras, pero eso xa sabemos que dependen dos
tramos dos ríos onde foron pescadas.
A fotografía é de Pedro L. Gracias
Pedro.
|
 |
Conxunto de troitas
pescadas polo autor da web no río Navea.
Son todas comúns e do mismo tipo. A de
librea máis clara é producto da posición da troita na cesta da
pesca, estaba boca abaixo e tuvén pouco cuidado na fotografía...
A fotografía é de Secundino Lorenzo o
autor da web.
|
Hai libreas especiais como a das troitas das seguintes fotografías:
 |
Esta troita pescada nun río do Courel ten unha
librea sensacional; xunto coa que sigue presentan unhas libreas
extraordinarias. A troita foi pescada polo meu amigo Hilario.
Vela a toda pantalla. |

|
Esta troita seguramente sexa a troita coa librea
máis sensacional que vín na miña vida.
Trátase dunha troita autóctona, collida no río Cenza
por J. Antonio Glez. no ano
1999. Pola miña banda recordo coller troitas similares pero dende
logo ningunha tan fermosa.
Vela a toda pantalla. |
As libreas anteriores, son unha
mostra dos tipos de troitas da nosa Galicia.
Repito que no mismo río, nun
trozo de 1 km., teñen atopado, estudiosos do tema, ata 4
tipos diferentes de librea e todas do mismo tipo de troita.
 |
Esta troita é a típica do Norte de Portugal,
ríos que baixan da Gudiña e de Vilavella e forman o Mente de
Portugal ou RabaÇal e outros.
É unha troita moi parecida a nosa.
Estilosa, proporcionada e cunha librea moi coloreada e típica.
Fotografía do autor da web 26/03/2007.
Ver fotografía en
grande e tamén outra pescata no mismo río.
|
Tamén hai mezclas, a pesar de que
a introgresión xenética non é común xa que é moi rara. (En Galicia
fálase dun 5% de híbridos. Datos de febreiro do 2007)
Nos ríos galegos tamén
hai outros tipos, producto de repoblacións con troitas xenéticamente diferentes a nosa e tamen
algunhas, moi poucas, que son troitas arco iris.

Troita arco iris.

Librea da arco iris.

Librea da arco iris.

Librea da arco iris.

Troita arco iris.
Eu penso que a troita arco iris
non se debe confundir coa nosa troita autóctona, xa que é moi
distinta.

Troita autóctona.
--------------------------------------------------------------------------------------------
Convén distinguir a troita do Pinto de salmón:

Na fotografía de Martín Mayo, vese o Pinto na parte de
arriba e a troita abaixo, penso que non é dificil distinguilos.
De tódolos xeitos non está demáis poñer as seguintes
diferencias:

|
SALMÓN |
TROITA |
Aspecto Xeral |
Corpo máis
estilizado, cabeza pequena e apuntada
|
Corpo robusto,
cabeza relativamente grande e redondeada.
|
Cor |
Pouco
variable. De 10 a 12 marcas verticais, moi espaciadas e definidas,
perpendiculares a liña lateral
|
Moi variable.
De 8 a 11 marcas verticáis moi espaciadas e definidas pero non tan
simétricas.
|
Pintas |
Negras ou
avermelladas, simétricamente repartidas polos flancos, nunca oceladas.
Poucas o case ningunha por debaixo da liña ñateral.
|
Vermellas e
escuras, asimétricamente repartidas, con frecuencia rodeadas dun halo
esbrancuxado ( ocelado) e distribuidas por riba e por baixo da liña
ñateral.
|
Cabeza (1) |
De 1 a 3
pintas negras no opérculo.
|
Máis de tres
pintas negras no opérculo.
|
Boca(2) |
O maxilar non
alcanza o extremo posterior do ollo
|
O maxilar si
alcanza ou excede o extremo posterior do ollo.
|
Pendúnculo caudal(3) |
Fino
|
Groso.
|
Cola (4) |
Escote moi
marcado
|
Escote pouco
marcado.
|
Aletas pectorais (5) |
Longas,
esténdense cara ó comenzo da dorsal
|
Relativamente
curtas, non se estenden ata o comenzo da dorsal.
|
Aleta adiposa (6) |
Cores escuras
|
Cores
avermelladas
|
Aleta anal (7) |
Branca ou
avermellada
|
Borde anterior
branco seguido dunha franxa escura.
|
(Nota : o anterior está sacado do folleto de pesca
publicado pola Xunta de Galicia)
-------------------------------------------------------------------------
Finalmente algunhos ríos de Ourense dan troitas
comúns moi grandes, troitas con 10 ou máis anos, troitas que non se deben
confundir coas pachangas que dan algunhos encoros, observar a troita da
fotografía, troita moi estilizada.

Na fotografía o meu compañeiro de fatigas Alberto Prego,
cunha troita de casi 5 kg. pescada no río Arnoia en Pontegrande. Para sacar esta
troita do río necesitou unha
axuda inestimable que lle deu Felix Valeiras.
Volver a
páxina da troita.

AXUDA
INESTIMABLE DE FELIX VALEIRAS
 |
Na fotografía tres grandes amigos da
miña vida ( aparte da miña familia) : Felix Valeiras,
Alberto Prego e unha troita galega autóctona.
|
Volver

|