Ollo fotografía panorámica, podedes
movervos de esquerda a dereita e viceversa.
O verdor dos teixos está a vista. Teixadal de Casaio.
Novembro de 2013. Os teixos nesta fotografías vense ben, son os máis verdes,
logo destacan os capudres (ou serbal dos cazadores) que
estaban inda con froitos. A verdade é que o Teixadal e todo
un espéctaculo se vaia cando se vaia. Por algo se fala da
"Catedral dos bosques", a "Aula Magna da natureza"...
Efectivamente dentro do bosque da a sensación de estar nun
recinto catedralicio feito de árbores en vez de pedra...