O verdor dos teixos está a vista. Teixadal de Casaio.
Novembro de 2013. As árbores que se ven espidas, que de lonxe a mín me
parecían os teixos son, pensamos os Quercos petrae, tamén
chamados carba ou carballo albar. Os exemplares xóvenes teñen as
follas caedizas...Os teixos nesta fotografías vense ben, son os
máis verdes, logo destacan os capudres (ou serbal dos cazadores)
que estaban inda con froitos. A verdade é que o Teixadal e todo
un espéctaculo se vaia cando se vaia. Por algo se fala da
"Catedral dos bosques", a "Aula Magna da natureza"...
Efectivamente dentro do bosque da a sensación de estar nun
recinto catedralicio feito de árbores en vez de pedra...