Unha vez chegado o alto do Seixo 1.474 m., a paisaxe é
totalmente diferente, parece outro lugar do mundo, pasamos dunha paisaxe onde as explotacións de pizarra
predominan e que fan horrible a paisaxe a ver estas serras marabillosas que xa pensamos non existían no lugar. O contraste é
incrible. O tema da explotación de pizarra é e sigue sendo básica para a
zona, pero Medio Ambiente ou que sexa debera esixirlles dous
cousas ó menos, unha: que respeten os ríos xa que é unha
vergoña como os deixan e dúas que recompoñan dalgunha forma a
paisaxe, non sei como, formas haberá e a pizarra debera dar para
todo...A paisaxe pizarreira o final é lunática...