|
-------------------------------------------------------------------------------------------------------
O río Mao (Ourense) nace na Serra de San Mamede e pasa entre outros pobos por Montederramo. A cinco kilómetros dende Montederramo, ten o encoro de Leboreiro, un encoro que é de Fenosa, dos poucos que ten na conca do Sil. Presa de Leboreiro (Imaxen de Icona ??). A partir de aquí remata o río Mao. Nestos cinco kilómetros (dende Montederramo ata a presa) é actualmente couto de pesca e a partir dese encoro o río por arte e gracia dunha empresa hidroeléctrica, que se chama Fenosa, xa non é río, o río desvíase por unha canaleta e leva pouca auga ou ningunha.
Desemboca a varios kilómetros, na Teixeira, no famoso río Sil, outro río domesticado por outra empresa hidroeléctrica, Iberdrola . Por certo o canón dende Leboreiro ata o Sil e dos máis impresionantes da provincia, o río baixa dende 860 metros de Leboreiro ata os 240 m do río Sil en pouco máis de 6 km, ver a penúltima fotografía. Realmente son augas bravas.
Na fotografía da esquerda do libro "Ourense Natural", de fai anos vese a ponte e o río como baixa polo canón, é incrible, realmente son 6 km. incribles. Na foto da dereita, de xaneiro do 2002, vese a desfeita que se está a facer para reconstruir a ponte, seguro que queda ben, pero xa ven.
|