OS  RÍOGALEGOS  

SON  MUSICA

 

O "Proud Mary" era parecido.

 

Unha canción "Rolling on the river", un grupo de rock  fora de serie dos anos 1959-1972 CCRCreedence Clearwater Revival , un cantante e guitarrista único John Fogerty, estadounidense, que compuso a canción no ano 1969  e neste caso unha canción que foi a máis versionada da historia e por grandes cantantes: Elvis Presley, Tina Turner, en 1972. entre outros...)

Engado tres versións desta canción:

A orixinal de CCR. 1969.

A de Tina Turner que foi  posteriormente  premio Grammy en 1972

E unha deste ano 2024 polo Grupo Talía de Madrid.

A letra seica á compuso Fogerthy no momento en que viu unha gran roda de paletas nun barco que navegaba nun río. A letra fala dunha muller que traballou toda a súa vida, seica duramente, en Memphis e New Orleans, traballo que deixou un bon día e pasou a traballar nun barco de vapor no río Mississipi, barco que se chamaba "Proud Mary". Un barco no que descubre outra vida  chea de alegría e música...

Tina Turner cambiou un pouco a letra pero a base musical  é a misma. Con esta canción triunfou plenamente.

Vexamos algunhas versións,  únicas pola súa calidade e importancia na música rock da miña época e que inda triunfan hoxe:

 

 

"Rolling on the river". "Proud mary" . CCR.

 

Versión orixinal de CCR: pulsar este link

 

"Proud Mary". Tina Turner.

 

Versión de Tina Turner: pulsar este link.

 

"Proud Mary". Grupo Talía.

 

Versión do Grupo Talía. Orquesta Metropolitana de Madrid : pulsa este link.

 

galicia.gif (2685 bytes) Volver