Segunda poza de Melón. Trátase dunha fervenza totalmente
espectacular en calquera época do ano, no inverno moito máis. A
fotografía está feita en maio do 2004. Dende lonxe xa se
escoitaba o balbordo do río, é incrible e espectacular. Merece a
pena a visita, o lugar é dos mellores da provincia de Ourense.
Pero ollo vir con tempo e con días xa que esta provincia é
totalmente espectacular. Tamén tende cuidado no entorno da misma
xa que nas rochas resbálase moito, están moi limpiñas pola auga
de séculos que a pule e non é o primeiro que remata mal a
visita.