Adenocarpus complicatus.

Codeso. (Codeso ou Rascavieja)

 

Este pequeno arbusto (ata 4 metros)  vese perfectamente preto dos ríos, tamén nos camiños que conducen os ríos.

A fotografía está feita a carón do río Arnoia, no Parque do Rexo, en Allariz.

A verdade é que este codeso estaba aislado no prado, normalmente comparte con outras plantas e non é tan doado de fotografiar.

 

Ver características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OUTRAS FOTOGRAFÍAS.

Adenocarpus complicatus

Dibuxo das flores, as folliñas do talo e as sementes. Descoñezo o autor do dibuxo.

 

Descripción:

Arbusto de ata 4 metros, con ramiñas erectas, peloso prateadas, estriadas e follas trifoliadas sedosas, con pelos saintes. É un pouco semellante a xesta.

As follas como si foran plegadas polo talo. Foliolos de 5-25 mm., lanceolados. Flores amarelo - alaranxadas de 1 - 1,5 cm., en ramilletes finais, moitos e mezclados. Frolece dende maio a setembro.

Nomes:

O nome científico é Adenocarpus Complicatus. En galego coñécese co nome de codeso, e tamén piorno, inda que esta palabra resérvase para as genistas.

En castelán dise  codeso y rascavieja.

Bioloxía:

Estandarte sedoso. Froito de ata 45 x 6 mm., oblongo, con nódulos , parece unha faba ou un guisante seco. Moi variable. Dase moito en todo tipo de bosques, camiños, por soposto preto dos ríos.

Curiosidades:

 Os codesos son moi abondosos a beira dos ríos. Por suposto tamén en camiños e en montes.

Na fotografía da esquerda é unha auténtica plaga de codesos. Trátase dun campo que non se traballa e os codesos son moi abondosos.

 

O texto e o dibuxo está copiado do gran libro de Mariano Garcia Rollán " Claves de la flora de España" un sensacional libro escrito en 1981, e dende logo que eu non atopo nas librerías.

Fotografía da flor do codeso.

Outra fotografía co talo cheo de pequenas follas e as flores. Follas como si foran pegadas o talo

Fotografía de codesos sacada en Calvos (Vilasouto-Incio-Lugo). Concretamente nun lugar moi querido polo webmaster "A bica".

As ramas do codeso  están cheas de pequenas follas, nesta fotografía vese perfectamente.

 

Nota importante:

En Galicia cando se fala de piorno pódese estar referíndose a esta planta, polo menos en algúns lugares de Ourense, de feito así aparece na Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, publicada pola Xunta de Galicia. Pero na maioría dos lugares a esta planta chámaselle codeso e os piornos son a Genista florida e outras genistas. Ver a fotografía na parte de abaixo desta ficha.

 

En Galicia o nome de piorno debe darse a genista, concretamente a Genista florida que é unha planta típica do Courel e dos Ancares e que se pode confundir con esta ou coa xesta. Realmente é bastante distinta.

Genista florista. Vese moito no Courel o nos Ancares e chámase piorno neses lugares.

Na fotografía de Luis Galán pode apreciarse os tipo de folla simple e as flores. Pódese confundir incluso coas xestas, pero son bastante distintas.

Saír.