<

Cytisus Scoparius L.

Xesta. (Retama de escobas).

Son abondosas nas beiras dos ríos galegos, sempre que teñamos un monte o redor.

A xestas utilizábanse incluso para facer barredoiros e por suposto lume. A xesta era moi importante para os galegos. Trátase dun arbusto sagrado, e por suposto sigue sendo. É tóxica para o gando.

Na fotografía a xesta xa con flor, unha flor amarela característica. Tamén hai xestas blancas, típicas de Galicia.  

Ver as características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.          

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cytisus Scoparius L.

Tamén se chama: Sarothamnus scoparius.

 Xesta mansa

Descripción:

Ramillas xeralmente con 5 ángulos aplastados como costelas, as veces alados lateralmente. 

Froito lampiño.

Arbusto de ata 3 metros, moi ramificado.

Ramas erectas, inclinadas ou tumbadas, verdes, as veces sedosas de xóvens. 

Foliolos ovoides, con pelos adosados ou lampiños.

 

Bioloxía:

Flores grandes, axiliais, solitarias ou en parellas; pedúnculos doble de longos que o cáliz;  corola amarela; estandarte de 16-20 mm. Froito de 2,5-7 cm. oblongo, comprimido, con pelos pardos ou blancos na marxen, negro o madurar.

Distribución e habitat:

 Dase en matorrales e en claros do bosque. É tóxica para o ganado. En castelán chámase hiniesta. O lugar onde hai ,moitas xestas, chámase xesteira.

 

 

 

Bibliografía:

O texto anterior está tomado o pe da letra ( traducido) do libro "Claves de la Flora de Espña " de Mariano Garcia Rollán. 1981.

 

 

Nomes:

En castelán chámase hiniesta, escobón, escoba e retama de escobas.

 

Curiosidades:

A xesta en Galicia é moito máis cunha planta común xa que é un arbusto sagrado, polo menos así o era para os druidas. Coas xestas bárrese a casa, para purificala, entre outras moitas aplicacións mágicas.

Trátase tamén dunha planta moi boa nas enfermedades cardiovasculares, pero que hai que tomar con precaucións.

Fotografía de José Murcia sacada da súa www.

As dúas fotografías seguintes son miñas:

Xesta no río Mao en Leboreiro, Ourense, xusto por ríba de Nogueira e a carón, totalmente do río.

Esta é a xesta anterior, sacada no couto de pesca do Mao en Leboreiro e Montederramo, en Ourense.

Unha curiosidade desta planta en Galicia:

 

 

Fotografía do autor da www.

 

Mais Curiosidades:

Na fotografía unha curiosidade galega.

A fotografía que está sacada preto dunha fermosa fervenza galega: a fervenza do Toxa. Pois ben, no camiño que conduce o mirador da fervenza hai moitas xestas, pero estas xestas están moitas delas, eu diría que case que todas, anudadas.

Os galegos anudamos as xestas e pedidos un desexo, por eso estos nudos.

¡¡¡ Unha curiosidade desta planta tan abondosa nos montes de Galicia, e por suposto preto dos ríos !!.

 

Na farmacia:

As flores recollidas de unha en unha,  emprégase como diurético.

As ramas son boas para o corazón, suprime as palpitacións e a excitabilidade anormal.

 

 

 

 

A XESTA BLANCA : Cytisus album, escoba blanca

 

A xesta blanca tamén é común en moitos lugares de Galicia. A fotografía está sacada en Calvos, no Incio, Lugo.

Dice a miña tía Mercedes que a xesta blanca facía mellores barredoiros que a xesta amarela, dende logo duraba máis. Hoxe xa se utiliza pouco.

Na fotografía, tamén sacada preto de Calvos, no Incio, Lugo,  poden verse xesta amarelas e xestas blancas.

A fotografía está sacada a poucos metros da primeira casa de Calvos, a casa da Bica. Un lugar que coñezo dabondo.

Xesta, variedade blanca

Xesta, variedade amarela.

Xesta blanca no río Navea en Chandrexa de Queixa, Ourense.

Saír.