Agrión. (Berro)
Photo © Carl Farmer
Son abondosos nas beiras dos ríos galegos. Sobre todos en augas limpas.
Os agrións son moi coñecidos. Hai moita xente que os toma en ensaladas, simplemente con aceite e vinagre. Os agrións ten un contido en sales e minerais (potasio, calcio, ferro, azufre e sodio moi grande. Tamén vitaminas A e C).
Eu son un deles.
Gústanme moito...
Nasturtium officinale R. Br.
Agrión.
Entre 10-80 cm., a menudo tendida e medio sumerxida no borde da auga.
As follas son lastrosas, con 1-4 pares de foliolos ovales e o final maior. Son algo carnosas.
Frecuente por debaixo dos 800 metros en Galicia.
Vive nos regos medio asolagada sempre.
O dibuxo é de Otto Wilhelm Vitalba. Sensacional.
Flores brancas ou algo purpúreas de 4-6 mm. de diámetro; pétalos casi doble de largos que os sépalos. Fruto de 13-18 mm.
Abondoso nas orillas dos ríos e prados moi húmidos. En galego chámanse agrión, mastranzo, agrón, berrago, berro, briza, brizo, cardama, mestranzo e mestruzo.
Os agrións son depurativos, diuréticos e estimulantes.
No son bóns para as gastritis e inflamacións das vías urinarias. Tamén é malo para a hipertensión ou enfermedades coronarias.
Especial para a reuma e os seus dores. Tamén para gretas na pel, feridas e gretas nos labios (mezclado con mel e triturado é especial).
![]()
Fotografía sensacional de A. Mrkvicka.
Non se deben tomar despois de florecer. Tampouco en moita cantidade. A parte que está na auga debe tamén desecharse. Son moi especiais.
Fotografía deste link: en.heilkraeuter.net/
herbs/watercress.htm Páxina en inglés que fala sobre as grandes propiedades dos berros.
O texto está copiado do libro de Mariano Garcia Rollán " Claves de la FLORA DE ESPAÑA"
Tamén consultei o libro sensacional "Flora de Galicia" de Xose Ramón García.