Ajuga reptans. Corocha. (Búgala)
A corocha é unha herba bastante popular nos prados de media montaña e por suposto a beira tamén dos regatos.
Ten un porte esbelto duns 30 cms e unhas flores moi bonitas de cor azúl con venas de cor blanco.
As follas son moi grandes entre 5 a 7 cms.
Reprodúcese en base a estolóns.
A fotografía está sacada en maio do 2005 nun prado preto de Taboazas (Chandrexa de Queixa. Ourense.)
![]()
Neste prado mezclado coas abrótegas estaba a corocha.
Esta é a herba corocha, consolda media, herba de San Lourenzo, ou herba férrea. Tamén recibe o nome de Búgula.
Trátase dunha lamiácea.A corocha é unha planta que se reproduce por estolóns (como as fresas, un trozo do tallo da lugar a outra planta) e bota ademais talos de atas 30 cms.
As follas que son basais, van opostas, e van en mouta, e son bastante grandes entre 5 a 7 cms.
Esta fotografía está sacada, polo autor da www, en maio do ano 2005.
Trátase dun lameiro de auga abondosa xa que hai un regato do que se aproveita a auga para enchoupalo e ter unha boa herba.
A corocha estaba entre centos de abrótigas.
Os talos son ergueitos e van os verticilos de flores azuís con catro estames.
Os talos levan dúas caras cubertas de pelosidade.
Frolece o final da primavera. As flores son azuis e levan unhas venas brancas polo medio.
Dase ben nos prados, beiras de regatos, pradeiras de arbustos, bosques de fronda e matogueiras.
En castelán chámase búgula, brígula ou consuelda media.
O nome científico é Ajuga reptans L.
Na fotografía o río Navea, na Serra de Queixa. En primeiro lugar o prado onde saquei as fotografías.
As flores teñen un alto contido en taninos, e foron utilizadas en infusión como antidiarreicas e vulnerarias (ou sexa cura as feridas). Os gargarismos con infusións foron un remedio popular moi apreciado para curar a gorxa.
O texto está copiado, na súa maior parte, do libro Flora de Galica de Xosé Ramón García. Editorial Follas Novas. 1979 .
Tamén do libro Guía de Plantas Medicinais de Galicia de Antonio Rigueiro e varios. Galaxia 1996.
As fotografías son do autor da www: Secundino Lorenzo.
Todas as fotografías están feitas neste prado a carón do río Navea ou río de Queixa, xusto onde baixa o regato da Fraguilla, o pé do pobo de Taboazas. Un lugar singular.
Neste prado na parte de arriba vense un gran carballo (xa enfermo) e o seu fillo, máis o lonxe no centro un pradairo singular e a dereita un bidueiro.
No medio, casi parece un corro de bruxas as nosas esbeltas abrotias ou abrótega, unha planta que me chamou poderosamente a atención, e como non, puxen unha ficha nesta miña páxina www sobre "A vida nos ríos galegos". No medio había varias corochas que me chamaron a atención.
Realmente, vendo estas imáxenes, enténdese perfectamente que se reivindique unha natureza marabillosa e que se fagan e xustifiquen páxinas www como a miña...