
Tallos endebles de ata 1 metro.Follas
de ata 3 cms, con dous lóbulos dende a base, divididos pinnadamente en
segmentos capilares denticulados; ampollas de ata 3 mm. capturadoras de
invertebrados, polo que esta planta é carnívora. Inflourescencia que
emerxe da auga e 10 a 30 cm. con 4-10 flores, brácteas de 5 mm.

Pendúnculos moi curvados en froito. Corola de
12-18 mm, amarelo forte. Froito de 3-5 mm. globoso. Vive flotante e
mergullada en aguas tranquilas dos ríos galegos. 
Aquí vese a flor da Utricularia e tamén a parte mergullada.
Descoñezo o autro destas fotografías.

Hai moitos tipos de
utricularias esta é a Utricularia australis. Todas teñen
unhas flores que chaman a atención: esta por exemplo é
amarela.
Tamén como
curiosidade decir que teñen unhas vesículas ou ampollas que actúan
de boca, cando un bichiño(pequenos insectos ou
protozoos) tocan estas vesículas, nunha fracción
de segundo 15/1000 péchase e queda atrapado.
En castelán algúns
dinlle "col de vejigas".
Ver esta ficha.

A Utricularia
australis está actualmente ameazada. Especie vulnerable.
Vive en augas
tranquilas con non moita corrente e fondos areosos.
Sobre todo charcas e pequenas lagoas.
Viven misturada con
outras plantas como os xuncos, potamogetón , etc.
Reprodúcese por
semillas.
Ver esta ficha en Asturias.

Neste dibuxo vense
perfectamente as vesículas desta planta que son coas que atrapa
os insectos. Están lóxicamente na parte mergullada.
A palabra ampolla
penso que é máis adecuada, en realidade parece que se
enchen de auga e que se se pechan, dentro, as veces,
quedarán os pequenos protozoos ou os insectos cós que se
alimenta a utricularia.
Unha planta moi
curiosa.
O texto do principio está sacado do libro de
Mariano Garcia Rollán "Claves de la flora de España". 1981.
Saír.

|