Bioloxía:
A uz ten pedúnculos longos
e corola
acampanada.
Algúns dos pelos das
ramiñas novas son espinosas.
As follas son moi pequeniñas entre 3 - 5 mm.
Flores moi numerosas, algo olorosas.
Florece
sobre febreiro a marzo nas altitudes baixas e a finais da primavera
nas altitudes mais altas.
O froito é unha cápsula sin pelos que se abre
en catro valvas.

Habitat:
Matorrais e brezais .
Dase moito cerca dos ríos de Galicia, pero
máis ben na zona do Caurel en Lugo e na zona oriental de Ourense.
Barco de Valdeorras, Chandrexa, Montederramo, Vilariño de Conso e Verin.
Nomes:
Chámase uz, uz branca, Urrigata, Brezo
branco. En castelán urce.

Curiosidades:
A madeira é moi boa combustible, utilízase
para quentar o forno antes de cocer o pan.
Dos tallos obtense un excelente carbón.
Mediciña:
É diurética.
Noutro tempo utilizouse
contra as picaduras das víboras.
Nota importante: en
Galicia hai varios tipos de uces: a Erica arborea,
desta ficha, a Erica Umbelata (queiruga de umbela),
Erica
Cinerea (queiruga de tres follas), Erica Australis
e Erica Ciliaris (Queiruga veluda). Todas son
bastante parecidas.
Texto sacado dos libros Guía das árbores de
Galicia de Henrique Niño e Carlos Silvar e do libro "Claves de
la Flora de España " de Mariano Garcia Rollán. Tamén da
"Guía de campo de las flores de Europa" de Oleg Polunin.

Fotografía da uz en flor sacada en
Leboreiro, a carón do río Mao en Ourense.

Uzes no Rodicio. Ourense

Uces no río Navea. Chandrexa de Queixa. Ourense.
|