O bión era a planta típica da Lagoa de Antela, cando esta Lagoa existía en Ourense. Que magoa... A lagoa de Antela desapareceu nos anos cincuenta.
Este xunco merece estar nesta relación de plantas dos ríos galegos, inda que soio sexa por motivos sentimentais.
"A Lagoa de Antela nunca debera deixar de existir, na miña opinión foi una auténtica desgracia para a xente da Limia e para Galicia" .
Hoxe sería única en España, pola contra ¿qué temos no seu lugar?... Mellor non decilo...
Scirpus lacustris. O BIÓN: características.
Nome científico Nome galego Nome castelán Dimensións Identificación Habitats Curiosidades Diferencia có xunco común Fotografía e bibliografía
Nome científico
Scirpus lacustris
Nome galego
Bión, Xunco de Lagoa, Antela.
Nota histórica:
O bión era a planta típica da Lagoa de Antela, na provincia de Ourense, hoxe disecada. Sin dúbida foi un auténtico atentado ecolóxico.
A lagoa estaba en Xinzo de Limia. Ourense. Este era o mapa de Fontán que a delimitaba perfectamente. 40 km2 de vida...Hoxe dedicado a patacas e pouco máis...
Vista da Lagoa de Antela nos anos cincuenta.
Nome castelán
Junco de Laguna.
Dimen- sións
Ata 3 metros.
Identi- ficación:
Descripción: herba perenne. rizomatosa. glabra. Talos simples. cilíndricos. de ata 3 metros.
Ten espiguillas de 3 a 10mm., en grupos dispostos en cabezuela ou en umbela de radios desiguais. Glumas escotadas, con sainte e lóbulos laterais romos, as veces, ciliadas, pardo-vermellas. Cerdas florais ásperas.
Xeralmente acuática.
Dase en lugares húmidos, preto por suposto das lagoas.
O lector debe saber que hai por riba de 15 tipos de scirpus.
Habitats
En solos encharcados e húmidos de Galicia. Florece de maio a decembro.
Vese nas beiras das lagoas.
O bión está desaparecendo en Galicia debido a que tamén están desaparecendo os humedais.
Outra magoa.
Curiosi- dades:
Os talos dada a súa flexibilidade utilízanse como sustitutivos das cordas. Úsanse a modo de mimbres para fabricar cestos ou esteiras. Os rizomas ou talos xóvens cómense en algúns lugares dado o seu sabor dulzón. Sin embargo. sería necesario absterse desta práctica. dado que en estado xoven é doado confundirla con diversas especies de xuncus, plantas altamente tóxicas.
Diferencias co Xunco normal:
![]()
Bión
![]()
Xunco normal
Eu penso que as diferencias saltan a vista.
O bión, a fotografía da esquerda, non ten as boliñas que ten o xunco normal o da dereita.
Ver tamén os dibuxos:
Este é o bión.
Xunco normal.
Bións na Lagoa.
Bibliografía usada: NOS TEXTOS o libro " Claves de la Flora de España" de Mariano Garcia Rollán.
Tamén o libro "Antela a memoria asolagada" de Xosé Luís Martínez Carneiro.
As fotografías son de internet. Descoñezo os fotógrafos.
Xa sabedes si alguén quere rectificar o decir o que sexa ou retirar a fotografía non tendes mais que escribir o meu email.
As miñas fotografías, que son a maioría poden usarse sempre que referenciedes o autor.