As xuncas son unhas plantas que me traen moitas lembranzas dos meus anos mozos as beiras dos ríos. Son moi abundantes preto dos nosos ríos galegos. De nenos, cas xuncas, facíamos trenzas, rexillas de asentos, pequenas cestas.... Incluso botábamos foguetes. Agora estase a perder todo esto. Hai moitos tipos delas, veremos algunhas...
En xeral as follas teñen forma cilíndrica e levan os frutos cerca do cumio.
Nome científico:
Juncus effusus.
Nome galego
Xunco, xunca, herba xunqueira, xunco de esteras, xungo.
Nome castelán
Junco.
Dimensións
Xunca en Leboreiro. Río Mao Ourense.
Ata 150 cms.
Identificación:
Follas cilíndricas, lampiñas, e ramificacións das flores como se ve na fotografía. No mismo lugar das flores saen os frutos.
Dase en lugares húmedos, preto por suposto dos ríos.
O lector debe saber que hai por riba de 10 tipos de xuncas.
Habitats:
En solos encharcados e húmedos de tódala provincia. Florece de maio a decembro.
Curiosidades:
Os tallos dada a súa flexibilidade utilízanse como sustitutivos das cordas. para reunir pasteis de hojaldre, rosquillas, ou para dispensar os churros nas calenterías de algunas zonas de Andalucía. Inda que de baixa calidade. úsanse a modo de mimbres para fabricar cestos ou esteras. Os rizomas ou tallos xóvens cómense en algúns lugares dado o seu sabor dulzón. Sin embargo. sería necesario absterse desta práctica. dado que en estado xoven é doado confundirla con diversas especies de Xuncus, plantas altamente tóxicas.
Outras xuncas:
En realidade en Galicia chámese xunca a unha especie de pranta moi coñecida que ten as follas de forma cilíndrica, son lampiñas e levan case no cumio as froles, e por suposto despois os frutos.
O nome de xunco reservase para cando as flores rematan a folla. Non hai unanimidade.
O que pasa é que hai moitos tipos.
A continuación aparecen algúns:
Juncus effusus. (Fotografía de Hlasek)
Tamén se chama herba xunqueira, xunco, xunco de esteras en xungo.
Juncus articulatus . Fotografía de Hlasek.
Tamén se chama xunco
Juncus squarrosus . Fotografía de Hlasek.
Tamén se chama xunco.
Juncus acutiflorus. Fotografía de Carl Farmer.
Chámase tamén xunco en galego.
Juncus conglomeratus.( Fotografía Carl Farmer)
Tamén se chama herba xunqueira xunco e xungo.
Juncus bufonius. Fotografía de Carl Farmer.
Tamén se chama en galego pelo de cocho.
Todas están plantas poden presentarse a beira dos ríos galegos e dende logo en lugares húmidos ou a beira de charcas e lagoas. A xente fala delas como xuncos en xeral ou xuncas.