Os xuncos e as xuncas son unhas plantas que me traen moitas lembranzas dos meus anos mozos, as beiras dos ríos , polo río Salas, na veiga de Calvos, preto de Randín. Son moi abundantes preto dos nosos ríos galegos. De nenos, cos xuncos e as xuncas, facíamos trenzas, rexillas de asentos, pequenas cestas.... Incluso botábamos foguetes. Agora estase a perder todo esto. Hai moitos tipos deles, veremos algúns...
Nome científico Nome galego Nome castelán Dimensións Identificación Habitats Curiosidades Outros xuncos Modificada o 14/03/2008
Nome científico:
Scirpus holoschoenus
Nome galego
Xunco, xunco churreiro.
Nome castelán
Junco.
Dimensións
Ata 150 cms.
Identificación:
Descripción: Herba perenne. rizomatosa. glabra. Tallos simples. cilíndricos. de ata 150 cm. Follas de tipo gramínea. as inferiores reducidas ás vainas. As superiores cunha corta lámina semicilíndrica.
Ten espiguillas en cabeciñas globosas. Mide de 30 a 150 cm.
As bainas o envexecer deixan un retículo fibroso. Espiguillas de 2,5 - 4 mm.
Dase en lugares húmidos, preto por suposto dos ríos.
O lector debe saber que hai por riba de 15 tipos de scirpus.
Flores hermafroditas. Na axila dunha gluma obovada. Truncada, formando espiguillas ovoides. Espiguillas dispostas en cabezas globosas pedunculadas que se desenrolan na axila de un par de brácteas. Bráctea inferior formando aparentemente una prolongación do tallo que sobrepasa a inflorescencia. Androceo con 3 estames.
Habitats:
En solos encharcados e húmidos de tódala provincia. Florece de maio a decembro.
![]()
Distribución xeral: Cosmopolita. inda que non lle gustan as zonas frías.
Curiosidades:
Os talos dada a súa flexibilidade utilízanse como sustitutivos das cordas: para reunir pasteis de hojaldre, rosquillas, ou para dispensar os churros nas calenterías de algunas zonas de Andalucía. Inda que de baixa calidade, úsanse a modo de mimbres para fabricar cestos ou esteras. Os rizomas ou talos xóvens cómense en algúns lugares dado o seu sabor dulzón. Sin embargo. sería necesario absterse desta práctica, dado que en estado xoven é doado confundirla con diversas especies de Xuncus, plantas altamente tóxicas.
Inda que posee certa fama medicinal, as súas propiedades curativas non se constataron científicamente.
Observacións: O nome do xénero deriva do celta "cirs" cuerda. polo uso que se fai dos tallos.
Outros xuncos ou xuncas:
En realidade en Galicia chámese xunca a unha especie de pranta moi coñecida no país na cal as follas teñen forma cilíndrica, son lampiñas e levan case no cumio as froles, e por suposto despois os frutos.
O que pasa é que hai moitos tipos.
Temos así dous tipos de plantas como son os scirpus (xuncos como o descrito ou o bión o que lle dedico unha ficha, onde normalmente as flores están na punta da folla) e as xuncas das que hai moitísimos tipos (as frores están por debaixo da punta).
Por exemplo esta xunca que científficamente é Juncus effusus ( a fotografía é do gran Hlasek que ten unha colección fora de serie)
Observar as flores na beira antes de chegar a punta da folla.
As XUNCAS. (A fotografía está feita en Leboreiro, no río Mao. Ourense.)