 |
Follas algo aserradas, planas. De
15-60 cms., con rizoma rastrero, moi ramificada.
Follas de ata 30 x 18 mm, ovais, verde brilantes,
un pouco aserradas. Flores
en racimos axilares de 1-2. Caliz apenas lobulado. Corola de 3-6 mm.,
colgante, verde, pálido con tono rosa, rara vez blanca, de lóbulos
cortos revoltos. Chámase en castelán: arándano , mirtilo ,
ráspano.
|
 |
Filamentos moi cortos e anteras con
apéndices. Froito de 6-10 mm. , pruinoso, negro - azulado ou negro -
violáceo, dulce. Dase en bosques de montaña.
Chámase en castelán arándano , mirtilo e
tamén
ráspano. En galego chámase herba
dos arandos, arandeira, arande, arandea, arandes, arando, arandos
e uva do monte entre outros.
|

|
Realmente é un arbusto que pode
llegar os 6 metros.
Ten moitísimas ramas.
As flores, que van soias, nas
axilas das follas de arriba, levan corola de 3 mm., con lóbulos virados cara fora, de cor
rosácea.
Dase en bosques de montaña e tamén a carón
de algúns ríos.
|
 |
As follas son aserradas lixeiramente
e planas. Os froitos son baias, negras azuladas de 1cm. Este froito chámase arando e fanse mermeladas e as follas teñense empregado contra
a diabetis.Vin arandeiras no
cañón do Bibei preto das Ermitas. Hai moitas.
No
proxecto
Anthos figurán arandeiras en toda a comarca de Montederramo,
Chandrexa e o Bolo en Ourense entre outras.
 Na fotografía outra arandeira.
No se debe confundir a nivel de froitos a
arandeira co chamado en galego murgueiro ou abruñeiro ou ameixeiro bravo
e en castelán endrino.
Ver as seguintes fotografías:
 Murgueiro, abruñeiro, andrino e outros. Endrino en
castelán. Prunus spinosa.
Os froitos son bastante distintos e as follas tamén. É
tamén un arbusto. é das familia das rosáceas e ten pinchos.

Fotografía de Félix Lamas.
O abruñeiro pódese atopar en calquera lugar de
Galicia, ata 1000 metros, pero abonda na beiramar.
O froito en galego chámase abruño, e tamén níxaro e
nixo. Trátase dunha especie de ameixa silvestre. O abruño utilízase para
aromatizar licores, en Galicia por suposto a augardente, en Navarra o
famosa patxarán.
A información anterior está
sacada do libro de Mariano Garcia Rollán "Claves para la flora de
España". Tamén do libro Flora de Galicia de Xosé Ramón
García.
Link
do sensacional dibuxo.
Saír.

|