Enchytraeidae

Os
Enchytraeidae que viven
preferentemente nos regatos galegos. Coñécense unhas vinte
especies.

|
Haplotaxidae

Dentro dos
Haplotaxidae que siguen sendo
Anélidos temos en Galicia nos ríos Sar e Neira entre outros a
Haplotaxis gordioides que pode
chegar a medir 40 cms.

|
Lumbricidae

Os Lumbricidae
tamén teñen
representantes acuáticos, lembrar a famosa miñoca que é
terrestre, pois ben a Eisentella tetraedra
vese en moitos ríos galegos. Pode chegar a 6 cms. Seica a cola
faina inconfundible xa que é cuadrangular. Por eso o nome.

|
Lumbriculidae

Dentro dos Anélidos
están os Lumbriculidae
das
que hai tres especies en Galicia. Unha delas é a da fotografía
Lumbriculus variegatus

|
Naididae

Os
Naididae están representados
por 32 especies, e son as familias dos oligoquetos máis
frecuentes e abundantes. Na fotografía a
Stylaria lacustris.

|
Criodrilidae

Os
Criodrilidae soio teñen en
Galicia un representante que é o
Criodrilus lacuum que mide entre 8 e 40 cm de
lonxitude. É bastante común.

|
hirudíneos

Dentro dos
hirudíneos, máis coñecidos como
sanguijuelas en castelán e sambexugas en galego, hai a tira deles
nos nosos ríos. Hai moitas familias. Na fotografía da esquerda
está a Haemopis sanguísuga.
Pode botar ata 10 cm.
Na fotografía da
dereita está a famosa Hirudu medicinales.
Esta está protexida.
Son chupadores de sangue.

|
moluscos

Dentro dos
moluscos gasterópodos hai os
pulmonados (como os Ancylidae que ten ficha aparte) e os
Prosobranquios entre os que está este exemplo, a
Bythynia tentaculata que é un
Bithynidae. Temos de todos eles moi boas representacións en
Galicia.

|
briozoos

Os briozoos
son pouco coñecidos en Galicia, de momento, hai moi
poucas citas, na fotografía a Plumatella repens
recentemente capturada, na Lagua de Bodeira, polos
autores da bilbiografía que figura abaixo.

|