Seica o paso do oso
polo oriente ourensán deixou de ser anecdótico, os colmeares
e algunhas alvarizas confirman as pegadas do oso sin lugar a
dúbidas.

Pegadas do oso
Estase a facer o censo destas pegadas e
publicarase dentro de pouco. Tamén se recolle excremento e
pelo.
Trátase
de ver o patrón de ocupación de estos territorios de forma
precisa distinguindo si son osos adultos, osas adultas
reproductoras, osas con crías, osos subadultos divagantes,
ou osas subadultas.

Alvariza, que moitas veces, si ten posibilidades
métese nelas e ponse as botas...
O que si sabemos é que no 2020 hai datos
en moitos lugares por exemplo en Casaio, Trevinca, A Veiga e
Vilamartín de Valdeorras; tamén nos Montes do Invernadeiro.
Resumindo o Courel e estas zonas de
Ourense, Sanabria, Carballeda contituen unha vía de
expansión moi interesante para a población cantábrica do oso
pardo e polo tanto de gran importancia para a conservación
global da especie.
Na Asociación Valdeorresa de Apicultores
están preocupados polos danos dos osos, seica na derradeira
primavera destrozaron casi cen colmeas na Veiga, Vilamartín
e Valdeorras. Seica se están tomando medidas dende Medio
Ambiente para evitar e proteser as colmeas, instalando entre
outros pastores eléctricos e arranxando as albarizas.
Está claro que hai que axudar a estas
asociacións e outros apicultores e buscar como sexa a
compatibilidade . Que oso nos visite é unha gran noticia e
que se axude como se debe a todos é unha evidencia. Hai que
facelo sin duda...