"Cen ríos
recolleron as bagullas sen sal que
choran as nubes, convertéronas en risas e voces de agua.

Cen ríos, cicatrices de agua sobre a vella pel de Galicia. Rede
fluvial, arañeira viva que comunica do Eo ó Miño, do Tea ó Xallas,
do Lor ó Arnoia. Que os ríos non son fronteiras senón camiños de
agua.
Sen os pequenos ríos ¿onde irán nadar a troita e o espiñento?
¿quen
poderá ver o picapeixe guindado como unha coitelada sobre a agua?

¿onde
se agochará a pequena saramaganta?

¿a quen interrogará a
garza?

¿que
será do lento sapoconcho?.
Se as
centrais cortan o fluxo dos nosos pequenos ríos coas súas
tesoiras de cemento cortarán tamén en mil pedazos normativas que falan
de caudal ecolóxico, protección da biodiversidade, conservación de
endemismos, preservación do hábitat natural de especies autóctonas.

Xa non podemos quitarlle ó Xallas a mordaza que apagou a voz da súa
fervenza, noutro tempo escoitada ata unha ducia de quilómetros arredor;
xa
non podemos cruzar a Ponte das Poldras sobre Antela, pero aínda
estamos a tempo de conservar vivos moitos dos nosos ríos, de preservar
as comunidades que só neles e nas súas beiras teñen acougo.

Esiximos o estricto cumprimento da lexislación,
o que impediría a
proliferación de centrais hidroeléctricas a custa dunha riqueza biolóxica
e paisaxística que, unha vez perdida, sería irrecuperable".
Relación completa de asinantes:
Marilar Aleixandre - Escritora. Manuel María - Escritor, poeta. Xosé
M. Martinez Oca - Escritor. Xosé M. Penas Patiño - Ensaísta. Luís López
Tosar - Actor. Morquecho - Pintor. Mini - Cantor. Mero- Cantor. Manolo
Rivas - Escritor. Xan G. Muras - Fotógrafo. Manuel Bragado Rodríguez -
Editor. Manuel Lourenzo González - Actor, escritor. Miguel Anxo Fernán-Vello
- Escritor, editor. Euloxio R. Ruibal - Escritor. Lupe Gómez -
Escritora. Miguel Vázquez Freire - Escritor. Yolanda Castaño Pereira -
Escritora. Fran Alonso - Escritor. Xosé Lois Gonzalez (O Carrabouxo) -
Humorista. Xoán Carmona Badía - Profesor U.S.C., ensaísta. Cesáreo
Sanchez - Escritor, poeta. Camilo Nogueira - Ensaista. Francisco Pillado
- Editor. Raúl Galego - Músico, gaiteiro. Millán Picouto - Escritor.
Francisco Rodriguez - Ensaísta. Pepe Carballude - Escritor. Miguel Anxo
Seixas Seoane - Escritor. Xosé Ballesteros - Editor, escritor. Manuel
Veiga - Xornalista, escritor. Xosefa Casalderrey - Escritora. Lois Diéguez
- Escritor. Carlos Vales - Ensaísta. Bernardino Graña - Escritor. Mª
Pilar Garcia Negro - Ensaísta. Marica Campo - Escritora, poeta. Carlos
M. Callón - Poeta. Anselmo López Carreira -Ensaísta. Xurxo Souto
Eiroa - Artista. Victor Lorenzo Mosqueira - Actor. Xosé M. Beiras -
Ensaísta. Xosé Penabade Gonzalez - Actor. Francisco Sanchez Insua -
Deseñador. Mª Xosé Rodriguez Bouzas -Actriz. Javier Turmes -Músico.
Nacho Porto - Ceramista. Mekame Fez. Santos - Actriz, titiriteira. Xosé
Mª Lema Suarez - Ensaísta. Evaristo Calvo Valcárcel - Actor. Marta
Dacosta Alonso - Ecritora,poeta. Pepe Carreiro - Debuxante. Sonia
Castelo - Actriz. Miro Villar González - Escritor. Carme Vidal Laxe -
Ensaísta, xornalista. Secundino Lorenzo Fernández -Profesor. Xosé Mª Alvarez Cáccamo - Escritor. Mara Sánchez
- Actriz . Margarita Ledo Andión - Escritora. Nolo Suárez - Pintor.
Sonia Méndez - Actriz. David Lista Raña - Escultor. Montse Santos
Rodriguez - Fotógrafa. Manuel Lago García - Teatro de Rúa. Marcos
González Carballido - Actor, pallaso. Xosé Morais Rodriguez -
Guionista. Cristina Rodríguez Sampedro - Actriz. Rafael X. Villar González
- Escritor. Cipriano Luis Jiménez Casas - Médico,ensaísta . Antonio
Rodríguez López - Escritor. Victor Lorenzo Mosqueira - Actor. Salvador
García-Bodaño - Escritor. Secundino Lorenzo Fdez. - Profesor.
Nota: os links, as fotografías
alusivas ao manifesto, están feitas polo autor da www, como un acto de
solidaridade co manifesto que suscribe plenamente e apoia. Ourense.
Octubro do 2001.