Nome
científico |
Nome
científico:

Mustela erminea. ( Linnaeus
1758) Clasificación:
Reino |
Animalia |
Filo: |
Chordata |
Clase |
Mammalia |
Orden |
Carnívora |
Familia |
Mustelinae |
Xénero |
Mustela |
Especie |
Mustela erminea |
Ir a
características  |
Nome
galego |
Nome galego:

Armiño, erminio, doniña branca.

Doniña. (É máis pequena).
Ir a
características 
|
Nome
castelán |
Nome
castelán:

Variedade blanca do
inverno. Toda blanca menos o fuciño e a última parte do rabo que
é negra.
Armiño.
Ir a
características 
|
Dimensións |
Dimensións:

Entre 18-32 cms. Un
peso ata 300 grs. Cola sobre 12 cms.

Os machos son moito máis grandes cas femias.
Viven entre seis e oito anos en paises templados.
Ir a
características 
|
Identificación: |
Identificación:

Ten un aspecto distinto de
verán que de inverno. No inverno xeralmente é branca por completo,
agás a punta do rabo e o fuciño, mentras que no verán ten unha cor parda e por
debaixo branco.

Nesta fotografía vese a variedade branca:

Aspecto no inverno.
O armiño presenta unha cor pardo
vermella por riba e blanco por baixo

Aspecto no verán.
A cola remata en negro. A punta
sempre é negra. A base do rabo tamén sempre ten un certo cor amarelo.

É máis grande que a doniña que teóricamente sería coa
que se podería confundir.
Cando se desplaza faino sempre a saltos, é a súa
forma de camiñar.
O pescozo é moi grande, as orellas marcadas
perfectamente, a cola e longa, máis da mitade do corpo.
Por suposto pódese por de pe e divisar o panorama
perfectamente.

Ir a
características 
|
Reproducción: |
Reproducción:

O celo vai de xuño a
agosto, como en casi tódalas especies de mamíferos as liortas entre os
machos son cousa común nos período de celo das femias.
A preñez as 56 días ou ben 9-10 coa xestación retrasada, ten
entre 4-8 crías cegas e casi desnudas que abren os ollos as 6 semáns e
independízanse os 3-4 meses.
Os fillos son cuidados únicamente pola nai.
Ir a
características 
|
Inimigos: |
Inimigos:

Moitos entre eles o home.
En tempos foi moi apreciado pola
súa pel, que é sensacional, e polo tanto moi perseguido.
Hoxe hai moitos cazadores (para mín non o son) que
disparan con gusto a este mamífero xa que o consideran un competidor có
coello e a lebre. Pode ser presa de grandes mamíferos, como o lobo.
Pero seguro que se defende ben. Ver
as súas armas:

Ten bos dentes
Ir a
características 
|
Alimentación: |
Alimentación:
É un cazador nato, na súa
dieta atópasen todo tipo de ratóns, rans, aves, peixes, cóbregas e insectos.
É un especialista na caza en tobas. Nas tobas as presas localízaas
polo oído.
Actua sempre pola noite. Polo tanto non é moi
doado vela.
Nos países frios o armiño fai recoleción de
alimentos para o inverno.
Si a peza é pequena ataca a cabeza, clavando os
dentes e matando a presa. Si é grande por exemplo un coello ou unha
lebre a técnica que utiliza é botarse a xugular e non soltar a presa ata
que esta cae abatida por pérdida de sangue ou cansada. Nese momento
remata a operación de caza.
Ir a
características 
|
Habitats: |
Habitats:
Fotografía de Yu K. Zinchenko.
Habita en zonas boscosas
pouco espesas, con pradeiras e campos de cultivo, atópase moito o lado
dos ríos e regatos, donde hai sobre todo salgueiros, amieiros e
bidueiros.
Sin dúbida está aquerenciado polo biotopos
húmidos.
Ir a
características 
|
Vese
nos meses: |
Vese
nos meses de...

A verdade é que eu na miña vida vin o armiño inda
que non o descarto.
Actua preferentemente de noite polo tanto non é
doado de ver.
Quizás no verán teñamos sorte.

Ir a
características 
|
Interés: |
Interés:

A súa pel era moi
apreciada na antiguedade xa que principes e reis levaban mantos de
peles do armiño no inverno. Dita pel ten a
particularidade de ser moi tupida. A pel de "armiño".

Vela cazar seica é todo un espectáculo, xa que se
achega a presa en silencio e no momento final salta sobre a súa nuca cos dentes é dalles o mordisco da morte.
Atrévese incluso contra coellos e lebres. O maior
nivel de actividade produce 350 pulsacións por minuto no seu corazón.
É incrible.
Por certo este mustélido precisa case a carta
parte do seu peso para comer.
Ir a
características 
|
Protección: |
Protección:

Figura no anexo III do
Convenio de Berna, é polo tanto unha especie protexida polo Real Decreto
3181/1980.
A súa caza está
penalizada con 300 € de multa.
A nivel europeo tamén figura como especie protexida.
Ir a
características 
|
Distribución
en Galicia: |
Distribución en Galicia:

Hoxe atópase en toda
Galicia, pero dende logo non en forma abondosa.
Hai máis na Coruña e en Lugo.
Non é moi abondoso e ademais é moi perseguido xa
que se considera unha plaga para a caza e para as aves de corral.
Lopez Seoane xa o cita en 1861 e dí que era moi
frecuente, pero xa choveu moito dende aquela.
Ir a
características 
|
Pisada: |
A súa
pisada:
A súa pisada é maior que a da donicela, de
tódolos xeitos a súa distinción é para expertos.
Ir a
características 
|
Confusión
do armiño coa doniña: |
Confusión coa doniña:
Realmente non é doado distinguir un armiño dunha
doniña, dende logo a doniña é mais pequena:

Esta é unha doniña.
A doniña é máis pequena, ata 10 cms
menos ten menos cola que o armiño e ademais a cola é de
distintinta cor. A da doniña é parda.
 |
 |
O armiño |
A doniña |

A cola do armiño remata en negro incluso
no inverno. O armiño é, en xeral, é máis grande ca doniña.
Ir a
características
 |
|