Mapache fotografiado en Florida, EEUU (Cary Bass-Deschênes).
O mapache é mamífero que foi introducido no noso país: polas granxas peleteiras, que se lle escapan, a moda das mascotas, que logo se aburren e danlles libertade, seguramente tamén escapan de algún zoo como do Parque de Marcelle en Lugo, etc.
O caso é que este mamífero temolo en Galicia, sobre todo a beira do río Miño.
Xa no 2013 se detectou polo entorno de Lugo, unha fuga dun zoo que levou a que apareceran mapaches por Outeiro de Rei, Monfero e Teo e algunhos afluentes do río Miño, como os ríos Parga, Landra e Támoga. Efectivamente debido a un temporal que derribou un valado onde estaban confinados, fugáronse dous machos e unha femia do parque de Marcelle, e así empezaron os problemas nesa zona.
Apareceu tamén no río Umia por Caldas de Reis, ou sexa no Salnés. Tamén nos alrededores de Vigo. Pola Coruña (no río Eume e no Tambre) e este ano 2020 no entorno de Ourense, en Cudeiro, a tres kms. da capital.
do Mapache.
Mapache fotografiado en Florida, EEUU (Cary Bass-Deschênes).
Procyon lotor (Linnaeus, 1758)
Reino: animalia
Clase: mammalia
Orden: carnivoro
Suborden. caniformia
Familia: Procyonidae
xénero: Procyon
Especie: Procyon lotor
Hai varios tipos de mapache pero nesta ficha estou a tratar o de Norteamérica e Centroamérica ou sexa o Procyon lotor. Hai outros tipos en México e sudamérica.
Nota importante: trátase dunha especie alóctona, ou sexa non é orixinal de Galicia e trátase polo tanto dunha especie introducida.
Non hai nome en galego, de momento... Deixamos o nome de Mapache.
Mapache, oso lavador.
O nome de mapache venlle de que ten mans. Efectivamente as mans son prensiles e teñen garras delanteiras.
O nome de "oso lavador" venlle de que acostuma a tirar á auga trozos de comida para volver a pescar os trozos, esto levou o error de crer que os mapaches lavan os alimentos antes de comelos de onde lle ven o nome.
Pode botar entre 50-70 cms. A cola ten 5 a 7 anelos moi oscuros.
Con todo pode ir ata os 70 cms polo que é similar a un raposo, pero máis rechoncho. O peso oscila entre 5 a 10 Kg.
Con todo pode ir ata os 70 cms polo que é similar a un raposo, pero máis rechoncho. O peso oscila entre 5 a 10 Kg.
A pelaxe é pardo grisacea, e a cara ten máscara blanquinegra.
Son curiosas as dúas mans con cinco dedos, unha marabilla que utiliza moi a menudo.
O seu consumo chámase actualmente xeneralista, que quere decir que consume o que atopa no lugar.
Come un pouco de todo. Gústanlle moito as beiras dos ríos e aquí aliméntase do que pode: caranguesos, mexilón de río, caracois, lombrices, peixes, sapoconchos, anfibios, etc.
Vaille todo dende insectos, ovos de aves, crias de paxaros.
No inverno come froitos e baias.
A súa actividade é nocturna, é solitario , bon nadador e trepa moi ben nas árbores. Si se lle pon a tira un esquío tamén lle vai, inda que teño as miñas dúbidas de que consiga pillalo...
É curioso como utiliza as mans dianteiras, así nos ríos en augas pouco profundas, palpa baixo as pedras, tamén no leito do río onde hai area, onde de cando en vez cae un mexilón, mentras a súa vista esta noutro lado. Así caza pezas de todo tipo.
Nesta gran fotografía, da que descoñezo o autor, vese ao que estou a decir, a súa mirada ao lonxe e as súas mans escarbando no río, algo sempre cae...
Outra cousa que fai é tirar a auga trozos de comida para volver a pescar os trozos, esto levou ao error de crer que os mapaches lavan os alimentos antes de comelos de onde lle ven o nome de "Oso lavador".
Usa moito dos bosques frondosos, parques e proximidades da auga. Polo tanto é un habitual, si ó deixan, dos ríos galegos.
A súa actividade é nocturna: é solitario e trepa e nada moi ben.
A cría faina bastante alta entre 10 a 12 m.
Nos últimos 10 anos, a Xunta ten rexistrado ata en catro ocasións a aparición deste animal en territorio galego. No 2013, no municipio lugués de Outeiro de Rei e alrededores de Lugo, onde se capturaron un total de 42 exemplares nos seguintes 3 anos. Na Coruña rexistraronse, en 2015, tres casos aillados nos pueblos de Xestoso, Raíces e Nantón, un deles de posible orixen doméstico. Non se atopou o núcleo poblacional en ningún, a pesares das campañas de trampeo e o seguimento dos axentes.
No 2020 vense mapaches en Cudeiro Ourense.
Este é o link destos mapaches Vistos en Cudeiro.
De xaneiro a outono.
Os mapaches no outono fartanse a comer, a fin de acumular unha capa adiposa e poder sobrevivir nos meses de inverno. O igual que os osos si hai xiadas e a neve lles dan problemas súmense nun letargo invernal.
Eu nono teño visto a pe de río nunca. Mellor...Non me gustan todo o foráneo na nosa natureza, si vexo moito visón americano, desgraciadamente...estos si estropean o río de verdade.
É moi curioso este video que presenta a dous mapaches, sobre todo a postura que collen. Ver este link.
Ver este video, sinto que non sea en Galicia, pero é curioso.
Mamífero que é unha especie introducida no noso país, accidentalmente, polas granxas peleteiras, a moda das mascotas, seguramente como zoo de circos, etc.
Xa no 2013 se detectou polo entorno de Lugo, por Outeiro de Rei, Monfero e Teo e algunhos afluentes do río Miño, como o Parga, Landra e Támoga.
Habería que investigar ata onde chegou no río Miño.
Efectivamente debido a un temporal que derribou un valado onde estaban confinados, fugáronse dous machos e unha femia do parque de Marcelle, e así empezaron os problemas nesa zona.
De momento non aparece no sensacional link que se fai no baixo Miño cun trampeo montado ao efecto. Ver este link da miña páxina sobre o río Miño. O mapache non aparece, sinto unha ledicia especial por esta noticia...
Apareceu tamén no río Umia por Caldas de Reis. Nos alrededores de Vigo. Pola Coruña (no río Eume e no Tambre) e este ano 2020 no entorno de Ourense, en Cudeiro, a tres kms. da capital.
O normal. Parece unha gran mascota, pero tal como é o animal pode organizar unha boa na casa...
Realmente non debera estar en Galicia, pero os cartos son os cartos, para moita xente que soio pensa neso...Penso nos peleteiros...
Tamén os que abandonan as súas mascotas e non fan o que deberan, nunca se debe deixar un animal solto, hai moitas formas de arranxar ese abandono. Bastaría chamar a Xunta e darán o tfno. inmediatamente de onde se debe levar.
Nesta web tendes información sobre o mapache, información que non aconsella ter o mapache como mascota.
Non protexida. É un depredador para a fauna galega.
A xunta seica vai tomou medidas no ano 2017 pero descoñezo si estas medidas tuveron resultados grandes. Daquelas contratou a empresas especialistas gastando un total de 370.000 euros.
Seica se pillaron sobre 40 exemplares.
![]()
A súa actividade é nocturna, é solitario , bon nadador e trepa moi ben nas árbores. Si se lle pon a tira un esquio tamén lle vai.
É curioso como utiliza as mans dianteiras, así nos ríos en augas pouco profundas, palpa baixo as pedras, mentras a súa vista esta noutro lado. Así caza pezas de todo tipo.
Nesta gran fotografía da que descoñezo o autor vese o que estou a decir, a súa mirada o lonxe e as súas mans excarbando no río, algo sempre cae.
Outra cousa que fai é tirar a auga trozos de comida para volver a pescar os trozos, esto levou o error de crer que os mapaches lavan os alimentos antes de comelos de onde lle ven o nome de "Oso lavador".
Entre xaneiro e marzo fan o apareamento.
A preñez dura 63 días e trae a femia entre 2-5 crías que son cegas e sordas. Os oídos ábrense os 13 días e os ollos os 22 días, independizándose os 6 meses.
O macho é máis grande que a femia.
A parideira é escollida pola femia nas árbores.
A cría faina bastante alta entre 10 a 12 m.
A pegada é doada de recoñecer.
En (a) aparece a pegada dunha man, en (b) a pegada é dunha pata posterior, en (c) aparecen as dúas.
Fotografías sacadas deste link Link sobre el mapache. CSIC.
Libro mamíferos de Helga Hofman, A verdade é que as zarpas delanteiras parecen auténticas mans e así actuan.
Foto Harlequeen -CCBY 2.0.
Link sobre el mapache. CSIC. Moi completa esta ficha.
Cita de mapaches en Galicia:
A xunta lánzase a caza do mapache. 2017
Mapaches en Ourense. 2020. Visto en Cudeiro.
Mapaches, visones e caranguesos amenazan a fauna de río.