Myotis
daubentonii.
Morcego das ribeiras.
(Murciélago de Daubenton).

Nota
importante : o morcego é o
único mamífero voador. En
Galicia hai 19 especies de morcegos e todos eles están protexidos. Non
me estraña, xa que os morcegos están en franca regresión, e algúns a
punto de desaparecer; son moitas as causas, pero o uso indiscriminado de
insecticidas contra os insectos, que son a súa comida, pode ser unha delas.
Unha mágoa auténtica.
O morcego da fotografía busca o seu alimento en ribeiras fluviais
e moi a menudo por riba dos cauces dos ríos, a noitiña. Hai moitísimos
voando a esa hora.
Non fai
moito, o meu amigo e compañeiro de pesca, Félix Valeiras pescou un a noitiña, cunha
pluma de pescar troitas.
Un auténtico número para quitarlle o anzó.
Este morcego tamén se chama
morcego de Daubenton ou ribereño ou morcego de río.
Hai outros
dezaoito tipos de morcegos que están protexidos en Galicia,
ver por exemplo nas características que siguen, o morcego
grande de ferradura, aparte do nome de tódolos morcegos de Galicia.
Ver
características.
Saír.

Características
: Myotis daubentonii (Morcego)
Nome
científico |
Nome
científico:

Myotis daubentonii ( Kuhl, 1819).
Taxonomía:
Reino: mamalia
Filo: chordata.
Clase: mamalia
Orden: quirópteros
Género: Myotis
Especie: Myotis daubentonii
Trátase dunha especie autóctona.
Ir a
características
|
Nome
galego |
Nome galego:

Fotografía sacada
deste link.
Morcego das Ribeiras, morcego de río, morcego de daubentoni.

Fotografía de J.C. Sehou.
Nota: os morcegos en Galicia tamén se lles
chama muricegos e espertellos
Ir a
características |
Nome
castelán |
Nome
castelán:

Murciélago de Daubenton.
Ir a
características
|
Dimensións |
Dimensións:

Photo © Phil Richardson
É de pequeno tamaño, sobre 5 cms, cun peso variable
entre 7,2 e 10,5 gramos.

Tamaño (cabeza e tronco 45-55mm + cola 31-44mm) (envergadura 240-275mm).
O morcego vive entre 10 a 30 anos.
Ir a
características
|
Identificación: |
Identificación:

Os morcegos non son doado de identificar
para a xente non especialista. De feito en Galicia hai como 19 especies
de morcegos distintos. O feito de coller este morcego é que gosta moito
de andar polos ríos a captura dos insectos. De tódolos xeitos non é
moi abondoso en Galicia.

Tamaño (cabeza e tronco 45-55mm + cola 31-44mm) (envergadura 240-275mm).

Aquí vese este morcego, os
dentes, as orellas cun pequeno trago recto (que é un pequeno lóbulo
que parte da base da orella, neste caso bastante recto e terminado
en punta).
A mitade inferior do borde externo da orella está ligeramente doblada hacia dentro.

É pequeno.

Ver as orellas típicas coa mitade da orella
doblada. Tamén o nariz, a boca e os pelos por baixo da boca. O feito
de que sexa pequeno tamén é básico. Tamén un pequeno sainte dunhos
3mm. na última vértebra que é un distintivo.
Outro punto a identificar é o trago, que está
explicado máis arriba.

Aquí na primeira figura vese ese apéndice.
O que queira identificar e distinguir os morcegos
ten varios libros en galego; eu recomendo o que remata de sair
"Guía dos mamíferos de Galicia" de Juan Ignacio Díaz
d´a Silva e Yosy Cartelle. O libro trae uns dibuxos que permiten
estudiar as características de aspecto perfectamente. Hoxe xa empeza
a atoparse traballos serios sobre estos morcegos. Fai uns anos non
se atopaba nada ou moi pouca cousa.
Tamén dende fai pouco hai unha web marabillosa
sobre "Os morcegos de Galicia" que están neste link:
Drosera: morcegos de Galicia.
Ir a
características
|
Especialidades
deste mamífero: |
Especialidades deste mamífero:
Son os únicos mamíferos
auténticamente voadores.

Esto en primeiro lugar. Para elo o seu corpo
é moi especial, por exemplo o antebrazo teno moi alongado o mesmo que
os dedos excepto o pulgar, estos dedos están unidos entre si por una
membrana chamada pataxio que cumple a función de á, que lle permite
voar. Outra membrana vai unir as patas e a cola e chámase uropataxia.
Os pes son pequenos e con dedos cortos que lle van a permitir vivir
colgados cabeza abaixo.
Outra especialidade é que emite ultrasonidos ( coa
boca) que logo recolle cos oidos, dende logo é incrible. Por estos
ultrasonidos identifica os obxetos e otras cousas. Trátase do famoso
proceso de ecolocación, unha habilidade que comparten coas baleas
e os golfiños; consiste en emitir sonidos de alta frecuencia e recoller
o eco do sonido o tropezar cós obxetos o outros animais próximos.

Permítelle ter así
unha imaxen auditiva do entorno. En certo modo é como si tuveran un
radar.
Os ollos son moi pequenos, de onde lle ven o nome de mor (
ratón) e cego ( ciego).
Ir a
características |
Alimentación: |
Alimentación:

Preferentemente insectos, a maioría
moscas, mosquitos, etc. tamén insectos acuáticos.
Ten unha boa dentadura:

Todos estos insectos vainos devorando en pleno vo.
É insaciable.
Tamén é capaz de coller os insectos na tona da
auga. Ver o dibuxo:

No punto 2 vese como colle un insecto na auga.
Ver este video onde o morcego das ribeiras dos
ríos queé este que estamos a estudiar voa pola tona da auga e come
moítisimos mosquitos.
Pulsar este
link.
Ir a
características
|
Unhas ás especiais: |
Unhas
ás especiais
Precisamente os quirópteros que é a orden a
que perteñecen os morcegos son os únicos mamíferos voadores
que existen. Para chegar a eso teñen as súas extremidades
anteriores e posteriores tranformadas en ás. É o que se chama o
pataxio.


Sin dúbida os morcegos teñen unhas ás
especiais. Son anchas e longas. Chámanse pataxio.
Observar que as anteriores, ou sexa os
antebrazos teñen un pequeno espolón é o polegar do que parten os
dedos que son cinco. No dibuxo vese perfectamente en cada posición.

Nesta fotografía vese como lle sirve para
agarrar o dedo e que remata nunha uña bastante grande.
As partes posteriores son máis pequenas e por
suposto tamén unidas as ás. Leva unhas garras con dedos de fortes
uñas. Son cinco dedos.
Outra particularidade deste morcego é que na
cola a última vértebra sobresae un pouco, concretamente uns 3
milímetros.

Vese moi ben neste dibuxo sacado deste
link , no dibuxo de arriba vese a última vértebra e o sainte.
Observar tamén como move as ás; na figura 2 vese como é capaz de
coller mósquitos na misma tona do río.
Estas extremidade vanlle permitir dormir boca
abaixo.

Na fotografía vese perfectamente.
Ir a
características
|
Reproducción: |
Reproducción

As femias poden reproducirse o ano de vida. A
xestación dura entre 2 a 7 meses. Teñen dúas glándulas mamarias.
Teñen unha cría por tempada.
Paren nos meses de xuño ou xullo, normalmente nun
faiado ou nunha árbore vella.
Xeralmente as femias están xuntas e os machos andan
pola súa conta.
Ir a
características
|
Habitats: |
Habitat:

Sempre próximo a auga, habita en zonas
boscosas, empregando mesmo árbores para descansar, así como
construccións diversas, covas, fendeduras nos arcos das pontes, muros,
etc.

Na fotografía de Francois Moutou ( impresionante)
morcegos dormindo. Dende logo colgan boca abaixo, en covas, capillas,
etc. É impresionante.
Ver a fotografía máis grande.
En Galicia no Inventario dos Morcegos de
Galicia de José Luis Sánchez e José Guitián aparecen censados 25
nas Ermidas en Ourense o 07-08-1978, 33 en Triacastela en Lugo o
27-12-1983, 16 en PonteLedesma o 03-10-1986, etc.
Efectivamente sempre en refuxios próximos
ós cursos de auga, mesmo en pontes.
Ir a
características
|
Vese
nos meses: |
Vese
nos meses de:

Xa na primavera e sobre todo no verán a
noitiña.
Polo inverno os morcegos hibernan, normalmente de setembro a
marzo. Fano en covas, galerías subterráneas, faiados onde se apiñan ata
máis dun milleiro as veces

En principio non está ameazada.
Ir a
características
|
Inimigos: |
Inimigos:

Os seus inimigos naturais son as curuxas e os falcóns.
Por suposto teñen tamén outros esporádicos como pode ser un gato o
similar.
Logo entre eles son atacados por distintos parásitos
entre eles pulgas e ácaros que se transmiten uns os outros.
Ir a
características
|
Interés: |
Interés:

Especial. Están protexidos. Consideranse
estrictamente protexidos e de interés especial.
De tódolos xeitos en Galicia os morcegos estan a
pasalo moi mal xa que a Xunta, con bon criterio (é unha opinión) está
pechando as antiguas minas, e algunhas non se pechan debidamente. En
1999 detectouse un alarmante descenso da población de morcegos do tipo
Rhinolophus ferrumequinum, op morcego grande de ferradura, en Galicia. Sobre este tema escribe Juan
Antonio Tomé, portavoz de Luita Verde en la revista Quercus de febreiro
do 2001. La FEG y esta Asociación denunciaron a la Xunta por esta
causa.

Este peche non é correcto para entrar
os morcegos.

Este peche si é correcto .
As fotos están sacadas da Revista
Quercus do mes Febreiro 2001.
Observo tamén, polo menos na provincia de Ourense
moita mina pechada a tódolos efectos. Dende logo eso non é sistema.
Ir a características
|
Especial: |
Texto especial en
defensa dos morcegos:

En Galicia hai 19 especies de morcegos e todas elas están protexidas. Non me extrana xa que os
morcegos están en franca regresión, e algúns a punto de desaparecer,
son moitas as razóns, aparte dos inimigos naturais que teñen, vexamos
algunhas delas:
1) A persecución irracional por parte do home,
que tradicionalmente considerou os morcegos como axentes transmisores de
enfermidades, animais misteriosos e descoñecidos e polo tanto
portadores da mala sorte.
Unha barbaridade como outra calquera.
2) Pérdida de refuxios polo progresivo
desenvolvemento técnico. Destrucción dos habitats, como covas,
bosques. Tamén o arbolado pola sustitución dos carballos e
castiñeiros por pinos e eucaliptos que non lle valen para refuxiarse.
3) As molestias que sofren día sí e día
tamén por investigadores e visitantes das covas.
4) O uso indiscriminado de producto contra os
insectos, que son a súa comida, pode ser outra delas.

¿Qué se pode facer?
1) Educar a xente, mentalizar da necesidade de
conservar os morcegos.
2) Cumprir a lei e vixilar a lei.

3) Tratar de conservar os bosques. Nas zonas
onde hai pinos e eucaliptos poñer caixas aniñadeiras
4) Nas covas é necesario manter unhas normas
mínimas que non perxudiquen os morcegos e deixalos descansar.

5) Investigar sobre novos insecticidas que non
perxudiquen a estes mamíferos.
Nota: os datos anteriores están sacados do
libro "Inventarios dos morcegos de Galicia" xa citado.
Ir a
características
|
Falsas afirmacións sobre os morcegos: |
Falsas afirmacións
sobre os morcegos:

Na fotografía de Carlos Sanz, vese un grupo de morcegos dormindo. Os excrementos que deixa no chan
chámanse "guano" en castelán.
Os morcegos non son cegos, non se enredan no pelo
como moita xente cree, non chupan o sangue (polo menos os galegos, hai
algúns tipo vampiro en américa que si...), non lles gusta fumar ( de
rapaces, no colexio, cando os xoves ibamos de paseo a Oira (praia
fluvial de Ourense) sempre se remataba dando de fumar a algún morcego,
unha barbaridade xa que o morcego morre posteriormente asfixiado).
Non son agresivos en absoluto, o lóxico é que o
capturalo trate de morder como autodefensa pero nada máis. En xeral
evitan o choque có home, é rarísimo tropezar pola noite cun deles, aínda
sabendo que voan miles deles...
Outra das cousas é que se creen relacionados coas "forza
do mal", moitas películas inducen a pensar esto cando é totalmente
falso.
Tampouco causan daños nos edificios, simplemente
cólganse do teito ou métense nun buraco, pero nada máis...Moi limpos non
son dende logo...
Outra afirmación típica é que transmiten
enfermedades. Para nada, non está probado en absoluto, e por suposto
moito menos a rabia como se dice. De tódolos xeitos o lóxico é que si se
manipula se faga con guantes. En España nos últimos quince anos déronse
6 casos parecidos os dun naturista escocés que morreu por unha
mordedura, pero ningún dos españois morreu.
Ver os interesados este link.
Tampouco beben o aceite das iglesias. O único que fan é
beber auga e comer insectos.
En inverno por regra xeral hibernan o cal é totalmente
lóxico xa que non hai que comer, non hai insectos.
Os morcegos son moi beneficiosos para todos. Esto non
ten discusión a pouco que se profundice na súa vida, como se alimentan e
que fan...
Ir a
características
|
Os morcegos e a cultura: |
Os morcegos e a cultura:

A xente cando se fala de morcegos
tende a confundilos cós vampiros, dos que todos sabemos
a historia. Non teñen nada que ver os nosos morcegos cós
vampiros. De tódolos xeitos en moitos lugares os
morcegos están asociados as almas, os fantasmas, a morte
e as doenzas.
O morcego é sagrado en algúns
lugares do mundo como en Bosnia por exemplo.
En xeral os morcegos están
asociados a noite, ou sexa símbolos da noite. Lembrar
Dracula, Batman e un longo etc.
Moitas películas inducen a pensar que os morcegos
están asociados as "forzas do mal"; dende logo e unha
triste historia duns directores e guionistas que o único
que demostran e o seu descoñecemento do medio natural...

Sensacional fotografía de Benjamín
Bontinen, onde se ve un morcego das ribeiras, nun rio pola noite cazando mosquitos e o
que se tercie por riba da tona do río.
Ir a
características |
Curiosidades: |
Curiosidades.

Imaxen sacada de Drosera, web dos Morcegos de Galicia.
Un link imprescindible en Galicia que fala dos
morcegos é o seguinte:
Drosera:
morcegos de Galicia.
Do link anterior está sacado o sonido destes
morcegos pulsando
neste link.
Algúns morcegos teñen comportamentos que inda hoxe
non están explicados como o "swarming sites", ou sitios de reunión,
utilizados precisamente polos Myotis no final do verán, e no que se
chegan a xuntar centyos de individuos pola noite.
¿De que se trata estas xuntanzas?...
Ir a
características |
Bibliografía.

Fontes :
Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo 1.
Tamén o libro "Manual para la
conservación de los murciélagos en Castilla y León" de Jesús
Fernández Gutierrez.
Tamén posteriormente o libro "Guía
dos mamíferos de Galicia" de Juan Ignacio Díaz d´a
Silva e Yosi Cartelle. 2007. Baía Edicións.
Tamén o link sobre os morcegos de Galicia,
información básica que utilizo dende setembro do 2008.
Drosera: morcegos de
Galicia.
Ir a
características
Saír.

Rinolophus
euryale.
morcego de ferradura.

Este morcego está protexido pola Xunta, que o cita
nos novos espacios naturais, concretamente en Ourense na Serra de
Rubiá.
Chámase de ferradura xa que o seu nariz semella
unha ferradura, ver a fotografía:

Observar o nariz en forma de ferradura.
Fotografía de Jesús Mario Contreras.
En Galicia según
Morcegos de Galicia hai os seguintes morcegos:
Morcegos de Galicia.
Nome Galego |
Nome científico |
Habitat máis común |
Morcego pequeno de ferradura |
Rhinolophus hipposideros |
Minas abandonadas, casas
abandonadas, ocos de árbores. Preto tamén das masas de auga. |
Morcego grande de ferradura. |
Rhinolophus ferrumequinum |
Cavernas. No verán tamén en
edificacións abandonadas, minas, etc. |
Morcego mediterraneo de
ferradura |
Rhinolophus euryale |
Covas e campanarios. |
Morcego das Ribeiras |
Myotis daubentonii |
Árbores-Regatos-ríos |
Morcego de orellas
fendidas |
Myotis emarginatus |
Minas, covas, casas vellas. |
Morcego de Natterer |
Myotis nattereri |
Árbores, tamén preto dos
ríos. Raro |
Morcego de Bechstein |
Myotis bechsteinii |
Árbores. Preto dos ríos pero
rarísimo en Galicia. Hai algún no río Támega en Verín. |
Morcego rateiro grande |
Myotis myotis |
Minas, casas abandonadas. |
Morcego
bigotudo |
Myotis mystacina |
Bosques frondosos. Moi rara en
Galicia. |
Morcego
de Leísler |
Nyctalus leisleri |
Masas boscosas. |
Morcego das hortas |
Eptesicus serotinus |
Hortas, mundo rural. |
Morcego común |
Pipistrellus pipistrellus |
Rural. Moi abundante. |
Morcego
pigmeo |
Pipistrellus pygmaeus |
Ambientes forestais de Ribeira.
Alto Miño. |
Morcego
montañeiro |
Hypsugo savii |
Moi raro. Vales abertos. |
Morcego orelludo
dourado |
Plecotus auritus |
Pouco abundante. |
Morcego Orelludo
cincento |
Plecotus austriacus |
Raro |
Morcego de fraga |
Barbastella barbastellus |
Xunto os ríos pero rarísimo |
Morcego das covas |
Miniopterus schereibersii |
Cavernas. Rarísimo. Zonas
calcarias. |
Morcego rabudo |
Tadarida teniotis |
Minas e cobas. Rarísimo. |
Ver fotografías sensacionais destes morcegos
nesta web de Milos Andera.
Por exemplo:

Neste caso trátase do morcego orelludo cincento:
Plecotos austriacus.

Neste caso trátase do morcego de río:
Myotis daubentonii
Repito, outras fotografías en:
Ver fotografías sensacionais destes morcegos
nesta web de Milos Andera.
Ver
tamén este traballo feito en Cambados. Aparece na
revista Buxaina do IES Francisco Asorey. Cambados
Ir a
características
Volver

FOTOGRAFÍA

Sensacional fotografía de Benjamín
Bontinen. Morcego das ribeiras de noite cazando mosquitos e o
que se tercie por riba da tona do río.
Volver

|