Proteción e contradicións
da caza:

Non están protexidas, de feito poden cazarse con
trofeos entre 500.000 e millón e medio de pesetas. A caza faise o
rececho ( na época de celo os machos modifican os seus costumes saíndo
o bosque que os protexe cara os grandes claros na procura das femias, o
silencio do bosque ráchase cos bramidos destos machos. Esto é
aproveitado polo cazador de rececho).

Está condenada a extinción, pero parece que se
van facendo cousas, de tódolos xeitos é moi dificil compaxinar caza
coa conservación da natureza.
A caza move en España máis de 500.000 millóns de
pesetas e xenera 130.000 postos de traballo, unha cifra incríble, como
para ser cautos, pero o que non se pode permitir e que a caza elimine as
especies de feito a caza provocou a desaparición de 270 especies no
mundo.

Pode pasar como pasou co bucardo que ó último
morreo fai pouco.
Urxe polo tanto compaxinar caza e natureza, si esto
non é posible está claro o que hai que suprimir, por suposto a caza de
esa especie.
A lexislación actual según os entendidos e
totalmente insuficiente, ademais non se cumple ( asuntos como o vallado,
o examen do cazador, planes técnicos, non foron para adiante) , así
non vamos a ningún sitio.
----------------------------

A Xunta de Galicia autoriza estos
días, xaneiro de 2015, a caza no Xurés basado nun estudio que o
parecer dice que hai xa máis de 600 exemplares de cabra Montés.
Na miña opinión, por moitos cartos
que mova o tema é unha equivocación abrir a caza desta especie agora que
empeza a recuperarse. Llegaremos a cero outro vez a parte de que nos
días de caza calquera se achega a facer rutas nesta zona. Tomo nota. Un
peligro auténtico...
Ir a características
