Cervus elaphus.
Cervo. Ciervo común.

Prácticamente xa non hai en Galicia, pero estanse a facer
esforzos.
O rasgo máis típico é a súa cornamenta que pode chegar a pesar
ata 15 kg. En Ourense nos montes do Invernadeiro, no Concello
de Vilariño de Conso, están censados en decembro de 1999, 270
cervos. Non é, polo tanto nada raro atopar algún preto dos
ríos da zona citada.
Ver
características.
Saír.

CERVO COMÚN.
Nome
científico |
Nome
científico:

Cervus elaphus Linnaeus , 1758.
Clasificación:
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: mammalia
Orden: Artiodactila
Familia: cervidae
Xénero: Cervus
Especie: Cervus elaphus
Ir a
características
|
Nome
galego |
Nome galego:

Cervo
Un pouco de historia:
Do cervo dí López Seoane (1861) que
se atopaba en curto número de grandes bosques de Galicia.
Logo desapareceu.
O último cervo foi morto en
Cervantes a finais do século XIX.
No ano 1977 había 25 parellas
reproductores e 50 inmaduros na Serra do Caurel. Nos anos oitenta eran
corenta exemplares.
Polo 1985-90 atópanse cervos na
Serra da capelada (seis exemplares), unha parella na illa de Sábora, nas
Fragas de Viveiro, e no invernadeiro.
Estos datos
están sacados do libro Atlas dos vertebrados de Galicia. Tomo I.
1985-1990.
Posteriormente en 1999 quedaban 270
cervos.
Hoxe no ano 2007 no teño nin idea.
Dicen que inda hai algún polo invernadoiro e na zona de Xares na Veiga.
Recentemente febreiro do 2008 fixen
unha visita o couto de Xares e efectivamente hai cervos machos, poucos,
e moitos femia. Por certo nesta zona que é marabillosa síguese unha
política moi estudiada coa súa población. A zona ten moi bons pastos e
os cervos que se matan quedan para consumo na zona.
Ir a
características
|
Nome
castelán |
Nome
castelán:

Ciervo. Ciervo rojo. Venado.
Ir a
características
|
Dimensións |
Dimensións:
O cervo é moito máis
grande que o corzo, de feito ten entre 1,65 e 2,50 metros, cun peso que
oscila entre 100 e 340 kg. O normal sobre 160 kg. Unha barbaridade.
Unha altura entre 1.235 mm nos machos e 1.055 as
femias.

Nesta
fotografía están unha femia coa súa cría.
O cervo pode alcanzar ata 20 anos si é
femia e entre 12 a 13 anos si é macho, pero o normal é que viva 6 ou 7
anos. O anterior produce un
sesgo hacia as femias que normalmente son máis numerosas.
Tamén seica, eso me contaron no couto de Xares, a
tendencia é ter poucos machos e bastantes femias. O couto de Xares ten
sobre 20.000 ha.
Ir a
características
|
Identificación: |
Identificación:
É inconfundible.
O pelo é pardo roxizo no verán e pardo gris en inverno.
É característica tamén no rabo o que se chama un
"espéculo" , tratase dun redondel amarelo de pelos bordeando
o cu , por el distínguese perfectamente o macho da femia. Neste
espéculo está o rabo moi pequeno.

Dicen que por este espéculo oriéntanse na fuxida
a manada, o espéculo sírvelle para orientación e así mantense a
manada xunta.

Neste cervo vese perfectamente o espéculo. A
fotografía é de Simón King
Dende logo na provincia de Ourense é moi común. A femia non ten
cornas, todo o máis unhas pequenas protuberancias. Os machos si teñen
cornas como pode verse na figura. Esta cornamenta pode chegar a
pesar ata 15 kg. Unha barbaridade.
Estas cornas ( trátase dun oso macizo cuberto
dunha pel blanca o liber) , teñen o liber ( pel blanca) que se seca e
quítano frotándose contra a ramaxe, é o que se chama restregarse.
Logo na época de celo xa teñen a corna distintiva en pleno vigor.
Máis tarde despois de aparearse baixa a producción de testoterona (hormona masculina), o que pode provocar a caída dos cornos.
O
ano seguinte a volver a empezar. Moi curioso.
A
cornamenta dos cervos ten toda unha parafernalia incríble: os 7-8
meses saen os pedúnculos. O ano os varetos. Logo pérdese e saen os
horquillóns, a partir do cuarto ano as loitadeira, a partir de ahí xa
saen as loitadeiras secundarias, contraloitadeiras ata forma a corna ou
plana. Pode haber ata 14 ou 15 puntas.
Nos paseos que se poden dar polo
couto de Xares, contábanos Jorge, un guia sensacional que hai na zona e
que nos mostrou o couto, que moitas veces se atopan auténticas
cornamentas en calquera lugar. Vamos que era normal.
Ir a
características
|
Alimentación: |
Alimentación:

Fotografía de Simón King.
Preferentemente gromos e follas de árbores, vexetais leñosos, landras
de carballos, faiucos, castañas, cortizas de árbores,
brións, etc.
Normalmente o 70% soe ser de
vexetais leñosos, o 25% de especies herbáceas e 5% de froitos.
Lóxicamente no crepúsculo
alimentase mellor en zonas de pasto e nas horas centrais do día onde hai
máis vexetación.
Ir a
características
|
Habitats: |
Habitats:

Presente onde hai masas forestais
grandes sempre cercadas. Así na provincia de Ourense: en
Vilariño de Conso, no macizo central, en Chandrexa de Queixa, en
Montederramo, Xares, en Casaio, etc.
Activo polo mencer. As femias e machos xóves
andan en rebaños conducidos por unha femia vella; os machos en grupos
máis reducidos que se desfán a finais do verán.
De tódolos xeitos compre saber que
o último cervo en Galicia foi matado precisamente en Cervantes a finais
do século XIX. Polo tanto os que hai hoxe está claro que son de
repoboación.

As mañas para cazar este gran
mamífero aparecen no libro xa citado de "Viaje por los montes y
chimeneas de Galicia" de Castroviejo y Cunqueiro quenes recollen algunhas
delas: como a do pañuelo, e a do cascabel, etc.
Ir a
características
|
Vese
nos meses: |
Vese nos meses de...

Fotografía de Uwe Walz.
Todo o ano si hai sorte.
Pero moito máis cando están en celo.
Pola miña banda, vin un cervo non
fai moito na Serra de Chandrexa de Queixa, viña escapado de algo, baixou
como un raio dende o alto da montaña ata o río e logo volvou a subir foi
visto e non visto, a verdade é que camiñan polo monte como nos pola
casa. De tódolos xeitos fixo unha parada de segundos, que de ser
cazador, houbera sido un blanco perfecto. Sobre todo cunha escopeta de
mira telescópica, xa que a distancia non pasaba dos cincuenta metros.
Repito o que xa dixen non me gusta
a caza, gústame ver estos animais nos montes...
Pero si me gusta a pesca e o lector
pode pensar o mismo, que tamén me podía gustar ver as troitas nos ríos,
é contradictorio o tema...
Organización familiar:

A organización é do tipo
matriarcal, o único momento que cohabitan os machos e femias é na berrea
que é polos meses de octubro e setembro.
Durante todo ano conviven as femias
cós fillos. Os machos andan pola súa conta en grupos de 4 ou 5.
Na época da berrea todo son loitas
e máis loitas, o macho non come e realmente pasao moi mal. Desto
aproveitanse algúns depredadores como o lobo en especial de animais
xovéns.
Por certo o corzo non é compatible
co cervo.
Ir a
características
|
Reproducción: |
Reproducción:
Os berridos do cervo son incríbles
na época do apareamento. Tamén as loitas entre eles.
trátase dunha loita de forza. Normalmente nesta loita non se
mancan, pero dende logo é moi espectacular.
Ver este video sobre a
berrea.
Logo destas loitas veñen os
apareamentos.
Apareamento entre setembro ou
octubro. O apareamento soe ser rápido e brusco e ir precedido de
varias montas.
Os oito meses (230 días
aproximadamente). e polo tanto sobre maio ou xuño nace 1 cría. Ten un
parto o ano.

Moi raro dúas crías . Esta cría xa anda
a continuación, prácticamente. Neste período son moi vulnerables.
Son amamantadas de 8 a 9 meses e independizanse o ano.
Ir a
características
|
Interés: |
Interés:

Especial. Cada día quedan
menos en libertade.
Hai xente que dice que vai en alza, polo menos na
provincia de Ourense. Persoalmente teño as miñas dúbidas.
Ir a
características
|
Protección: |
Protección:

Categoría de non ameazada no UICN (2001), vulnerable
A2e.
Está considerado caza maior en
Galicia.
Os inimigos do cervo, aparte do
home, son os lobos que se aproveitan dos animais xóvenes e dos enfermos.
De tódolos xeitos hai que decir que o lobo sempre prefire outro tipo de
comida como os animais domésticos, o xabarín ou incluso o corzo, antes
cun cervo que lle da máis traballo.
Tamén no período dos primeiros
meses poden ser atacados por outros mamíferos, pero é improbable.
Ir a
características
|
Curiosidades: |
Curiosidades:
Salta e nada ben, é moi
poderoso.
Teñen moitas costumes curiosas, por exemplo o
macho delimita o seu terreno perfectamente restregandose contra os
árbores da zona.
O apareamento é tamén incríble, xa que
previamente ten lugar unha loita de forza. Normalmente nesta non se
mancan pero dende logo é moi espectacular.

Estas son as pegadas do cervo.
Como caza en Galicia cada vez hai
menos cervos, antiguamente seica había, vese no libro "Viaje por los
montes y chimeneas de Galicia" de Castroviejo y Cunqueiro, ..."ya parece que el ciervo en la cocina gallega sea memoria del
pasado...". "El rey Lear parece que comía cervatillo todos los
días, para disponer su espíritu a la justicia: lo asaban ante su tienda,
lo rociaban con aguardiente de centenos y de manzana y manteca de
oveja,y en grandes trozos, en la punta de la espada de Calibarde, los
nobles servían al rey...."
..."Dicen del ciervo que ha de
estar tan blando en el asado, que el filo de su cuerna lo corte un
cuchillo de Taramundi."
Persoalmente probei a carne de
cervo non fai moito, concretamente foi no Hotel "El ciervo" de Xares,
tratávase duns medallóns de cervo que me chamaron a atención, sabían moi
ben a ademais estaban moi ternos. Por suposto preguntei o chef cal
podería ser a razón. Carlos que é o chef actual do Hotel díxome que el
consideraba que eran os tipos de pastos que hai no couto que fai máis
sabrosa a carne que noutros lugares e por suposto menos dura. Por contra
o parecer os cervos son máis pequenos debido a ese tipo de
alimentación...
Ir a
características
|
A
caza do cervo: |
A caza
dos cervos

Non están protexidas, de feito poden cazarse con
trofeos moi grandes.
Faise o rececho ou montería.

Está condenado a extinción, pero parece que se
van facendo cousas, de tódolos xeitos é moi dificil compaxinar caza
coa conservación da natureza.
A caza move en España máis de 500.000 millóns de
pesetas e xenera 130.000 postos de traballo, unha cifra incríble, como
para ser cautos, pero o que non se pode permitir e que a caza elimine as
especies de feito a caza provocou a desaparición de 270 especies no
mundo.
Pode pasar como pasou co bucardo que ó último
morreo fai pouco.
Urxe polo tanto compaxinar caza e natureza, si esto
non é posible está claro o que hai que suprimir, por suposto a caza de
esa especie.
A lexislación actual según os entendidos e
totalmente insuficiente, ademais non se cumple ( asuntos como o vallado,
o examen do cazador, planes técnicos, non foron para adiante) , así
non vamos a ningún sitio.
Ir a
características
|
O cervo na provincia de Ourense: |
O cervo na provincia de
Ourense


En Ourense a distribución desta
especie está ligada o cercado existente no Invernadoiro que dende fai
tempo leva abastecendo de cervos todo o macizo central.
O cervo é máis abundante nos coutos
de Fial das Corzas, Campobecerros, Vilariño de Conso, San Mamede, Chandrexa de Queixa
e por suposto no couto de Xares( A Veiga-Ourense).
Seica hai tamén pequenos grupos que
escaparon da Finca do Caudillo nos coutos de San Mamede e Montederramo e
tamén outros que veñen do cercado que hai en Xares na Veiga (xa dito) e Casaio.
Fonte: "Guía de turismo
cinexético da provincia de Ourense" publicado pola Camara de
Comercio e industria de Ourense en 1.999.
Ir a
características |
Saír

|