Sciurus
vulgaris.
Esquío.
(Ardilla)

Cito
o esquío, como preto dos ríos galegos,
xa que últimamente é moi abondoso na beira dos ríos de Ourense, onde
fai uns anos non se deixaba ver.
Atopeime algunhos en
varias zonas do Arnoia, no Deva en Ourense ,
etc. ( En Lugo é Coruña sempre foi abondoso).
Inqueto, vivaracho e ousado, da gusto velo.
As veces perde o medo e baixa a comer calquera cousa que se lle
bote. Merece a pena ver un esquío, xa que
non escapa rápidamente (sempre que non fagamos moito barullo)
e trátase dun excelente trepador.
O esquío vexo que tamén se atopa a gusto
nas árbores de Galicia...
Ve-las
características.
Saír.

ESQUÍO-
CARACTERÍSTICAS.
Nome
científico |
Nome científico:

Sciurus vulgaris. (Linnaeus
1758)
Orden: Rodentia.
Familia: Esciúridos.
Género: Sciurus.
Especie: Sciurus vulgaris (Linnaeus,
1758).
Ir a
características
|
Nome
galego |
Nome galego:

Esquío , Esquiu,
esquivo, esguiro, arda, ardela.
Ir a
características |
Nome
castelán |
Nome
castelán:

Ardilla.
Ir a
características
|
Dimensións |
Dimensións:

Entre 20-25 cms.
A cola é moi longa entre 14 a 25 cms.
Un
peso entre 230-450 grs. Sobre seis anos
de vida. Longas orellas e
longas patas traseiras. A
cola tamén non deixa lugar a dúbidas. |
Ir a
características
|
Identificación: |
Identificación:
É inconfundible, o seu
rabo peludo non deixa lugar a dúbidas. Sempre subido polas árbores,
gatuña sin parar. É moi observador e gustalle dominar o bosque coa
mirada, deixase ver , nunha palabra.

Fai anos en Ourense non se vía. No 2000 é moi
abondosa en algunhas zonas, como o Polígono, Paderne, Xunqueira de
Ambía, etc.
Ten dúas pelaxes: a roxa e a gris.
Esta é a pelaxe gris.
Esta é con pelaxe roxa.

Longas orellas e longas patas traseiras.
A cola tamén non deixa lugar a dúbidas.

As uñas son un bon instrumento para subir e baixar, si non sería
imposible. Igual sube que baixa da árbore...

En terra tamén é bon corredor. De tódolos xeitos
andar polo chan non lle gusta moito.
Ir a
características
|
Reproducción: |
Reproducción:
Aparease entre decembro e
maio, a preñez tena os 38 días aproximadamente, ten ademáis entre 1 a
2 partos o ano e trae entre 2-5 crías , desnudas e cegas que abren os
ollos o cabo dun mes, son amamantadas durante dous meses e logo
independízanse.

O niño faino nas copas dos árbores sobre todo dos
pinos. O niño ten sobre 30 cms de diámetro e está formado por
ponlas, herbas e mofos, é bastante consistente.
As veces son oportunistas e
aproveitan o niño de outras por exemplo urracas ou caixas por exemplo.
Pode acadar ata seis anos.
Ir a
características
|
Inimigos: |
Inimigos:
O seu enemigo natural é a
marta.

A marta pode cazar o esquio de forma
espectacular. Si se ve moi apurado o esquío pode
deixar a cola. De tódolos xeitos ten que ser
un bon alimento para as rapinas típicas, sobre todo cando é pequena.
Evidentemente unha aguía, un azor ou unha lechuza
poden facerlle moito daño a un esquío. Inda que penso que as aguias
pouco daño lle van facer xa que prácticamente non existen.
Non hai moitos datos xa que o esquíu é moi recente nos nosos bosques sobre
todo en Ourense.
Ir a
características
|
Alimentación: |
Alimentación:
Preferentemente aliméntase
de semillas das árbores, conchos, baias, tallos e tamén algúns
insectos.

A súa dentadura permítelle ser un
experto para apalancar as piñas e coller os piñóns ou abrir unha noz si
fai falta.

Na fotografía está a comer nun cogordo ou
Lepiota procera, choupin, patamela ou como se chame en cada zona.
Gústanlle moito os piñóns, sobre
todo do Pinus pinaster e Pinus sylvestris; tamén as castañas,
cogumelos, codias, xemas, gromos, caracois, insectos, ovos e polos de
aves.
Tamén come caracois, insectos, ovos
e polos de aves.
Vese de día.

Ir a
características
|
Habitats: |
Habitats:
Presente hoxe, ano 2000, en
tódolos bosques galegos, tamén preto dos ríos e regatos, inda que non
sexa un mamífero ribeireño, pero dende logo, gustanlle os ríos e os
regatos.
Vese polo tanto en bosques de todo tipo, tamén en
xardíns e parques.
Gústanlle moito os pinares. Está
presente pero menos nas carballeiras e tamén en bosques de faias.
Ir a
características
|
Vese
nos meses: |
Vese
nos meses de...
Todo o ano, menos no inverno
onde se sumerxe no letargo invernal, onde dorme días e días.
Na primaveira vense menos que no verán e no outono,
por una razón clara, no inverno morren algúns esquíos, uns por vellos e
outros polo frío ou o mal tempo.
Dicen tamén que non inverna. Queda dito.

Fotografía Remo Savisaar.
É solitario e diurno. Vese durante
o día inda que a mediodía vese menos xa que debe dormir a xesta, é un
decir...
É un roedor que cae simpático e
moitas veces botándolles comida incluso a collén rápidamente, sobre todo
os que están preto dos xardíns das ciudades.
Ir a
características
|
Interés: |
Interés:
Especial.
É un excelente trepador, pode descender coa
cabeza para abaixo, é incrible. Utiliza o rabo, moi peludo e poblado de
timón e de paracaidas, cando salta de árbore a árbore.

Ir a
características
|
Protección: |
Protección:

Figura no anexo III do
Convenio de Berna.
Categoría UICN (2001). Preocupación menor (LC).
Ir a
características
|
Distribución
en Galicia: |
Distribución en Galicia:
Hoxe xa se atopa en toda
Galicia. Fai anos estaba limitada os Ancares e zonas preto de Asturias
onde é e sigue sendo moi abondoso.
Pola razón que sexa, foron medrando e
extendéndose a toda Galicia. Hoxe é abondoso na provincia de Ourense,
onde se pode ver por tódolos bosques.
En tempos foi considerada rara tanto en Pontevedra
como en Ourense.
Seoane cita o esquío en 1861.
Morren moitos nas estradas. Unha mágoa.
Ir a
características
|
Pegadas
e identificacións: |
Pegadas do esquío:

O esquío non é dificil de
distinguir si anda pola zona, sobre todo si hai pinos, xa que deixa as
piñas dun xeito único e que non fai outro mamífero, busca,
evidentemente os piñóns e deixa unha pistas boas, coas cáscaras de
estos e o que queda de piña.

Os nidos son parecidos os das aves,
fainos nas copas das árbores

No chan as patas de adiante que son catro dedos,
deixan marcadas normalmente tres. Por detrás teñen cinco dedos que
normalmente marcan todo.
Ir a
características
|
Bibliografía

Fonte de información :
Atlas de vertebrados de
Galicia. Tomo 1. Avalado pola Sociedade Galega de Historia natural.
Cuadernos de campo. Roedores II. nº
59. Félix Rodríguez de la Fuente. Airtel. 1975.
Ir a
características
Fotografías

O esquío. Descoñezo o autor da fotografía

Fotografía de Remo Savisaar.
Ir a
características
Saír.

|